19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

elación cos xéneros Aythya / Anas apúntanse en Aythya ferina.

parrulo de colar Aythya collaris

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pato de colar foi o nome proposto en 1999 no traballo

de M. A. Conde Teira (12B); tense recollido ou empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A,

12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) e

nalgunhas publicacións ornitolóxicas, empregouse o nome de parrulo cristado americano (4A, 11A e

17A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son caturro e zarro-de-colar (2A, 1D, 2D e

3D, o primeiro con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie de moi rara aparición na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares galegas, non sendo as xenéricas.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A.

platyrhynchos. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, ademais, recolle parrulo bravo, pato, pato de río e pito da auga como

sinónimos xenéricos e inespecíficos para Aythya, Netta e Melanitta.

● Etimoloxía / motivación semántica. O modificador de colar fai referencia a unha franxa

castaña que ten no pescozo, que é difícil de distinguir de lonxe; cristado alude ao curucho que ten na

cabeza; americano, á súa área de distribución orixinaria. A respecto da motivación semántica de

pato, véxase Anas platyrhynchos. Non se achou unha significación clara para o nome xenérico

portugués zarro nin para o específico caturro.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. En relación coa posíbel

escolla entre parrulo de colar e pato de colar, algúns comentarios sobre pato / parrulo apúntanse

en Aythya ferina.

parrulo bastardo Aythya marila

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Parrulo cabecinegro foi a denominación proposta por

C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, na Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

recolleuse nalgunha publicación ornitolóxica (2A). Nas guías de X. M. Patiño e C. Pedreira López

empregáronse respectivamente os nomes de parrulo de lombo albar (1A) e parrulo caribranco (5A

e 22A); o segundo nome tamén se empregou nalgunhas publicacións ornitolóxicas (6A, 11A e 17A).

Pato bastardo foi proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tamén se ten empregado

ou recollido nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). M. A. Conde e T. A.

Vidal propuxeron a denominación de parrulo bastardo en 1991 (10B). Na bibliografía ornitolóxica, os

nomes portugueses son negrelho, zarro-bastardo (2A, 1D e 2D) e negrelho-comum (3D).

● Nomes populares. É unha especie rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares galegas, agás as xenéricas.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A.

platyrhynchos. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, ademais, recolle parrulo bravo, pato, pato de río e pito da auga como

sinónimos xenéricos e inespecíficos para Aythya, Netta e Melanitta, e de maneira específica parrulo

caribranco para Aythya marila.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. As voces pato e parrulo están recollidas con

frecuencia na nosa literatura (véxase Anas platyrhynchos).

● Etimoloxía / motivación semántica. Os modificadores caribranco, de lombo albar ou

negrelho fan todos referencia ás cores da súa plumaxe. O termo bastardo, aplicado a animais, quere

dicir que non é de raza pura, que está cruzado, pero este non é o caso de A. marila, pois é unha

especie como tal; o que pode acontecer é que, nunha impresión popular, pareza un cruzamento entre

outras especies. Sobre a motivación semántica de pato, véxase A. platyrhynchos. Non se encontrou

unha significación clara para o nome xenérico portugués zarro.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto á escolla entre

parrulo bastardo e pato bastardo, véxase Aythya ferina a respecto do uso de parrulo / pato.

Por outro lado, o modificador caribranco non parece de todo acaído para A. marila se temos en

conta que procuramos unha denominación específica ben diferenciada doutras especies similares. Se

ben que as femias de A. marila (e os machos con plumaxe de eclipse) presentan unha área branca ao

redor da base do bico a modo de cerco, non é propiamente que a cara sexa branca. Para alén diso,

unha plumaxe facial semellante pode aparecer en A. fuligula e A. affinis. Na nos opinión, todo nos leva

a considerar ben máis apropiado o adxectivo bastardo para A. marila, como propuxeron Conde e Vidal

no ano 1991 e como se usa tamén en portugués.

71

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!