19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

especie.

parrulo castaño Aythya nyroca

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Parrulo ferruxento foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores (5A e 22A) e nalgunhas publicacións ornitolóxicas (2A, 4A,

6A, 17A e 18A). Pato castaño foi proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); está a

empregarse en publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). M. A. Conde e T. A.

Vidal propuxeron a denominación de parrulo castaño no primeiro traballo (10B). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son zarro-castaño e pêrra (2A, 10A, 1D, 2D e 3D, o segundo con

máis frecuencia).

● Nomes populares. M. R. Álvarez Blanco rexistrou a denominación popular de pato americano

para se referir a esta especie en Ramirás (3C).

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A.

platyrhynchos. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, ademais, recolle parrulo bravo, pato, pato de río e pito da auga como

sinónimos xenéricos e inespecíficos para Aythya, Netta e Melanitta, e de maneira específica parrulo

ferruxento e parrulo americano para Aythya nyroca.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, tanto ferruxento como castaño fan

referencia á súa plumaxe. A respecto da motivación semántica de pato, véxase Anas platyrhynchos.

Non se encontrou unha significación clara para os nomes portugueses zarro e pêrra. O nome parrulo

americano dá a impresión de ser un nome moi local ou mesmo do uso particular de alguén, sen

relación semántica clara coa especie.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto á escolla entre

parrulo castaño e pato castaño, algúns comentarios a respecto do uso de parrulo / pato en

relación cos xéneros Aythya / Anas apúntanse en Aythya ferina.

Por outro lado, a utilización do modificador ferruxento para esta especie ten o inconveniente

de que se pode confundir con pato ferruxento (T. ferruginea); parece ben acaído por tanto o

adxectivo castaño para A. nyroca, como propuxeron Conde e Vidal e como se usa tamén en portugués.

parrulo cristado Aythya fuligula

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Parrulo cristado foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A; na última, parrulo cristado común), no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 6A,

11A, 17A, 18A e 11B; nalgunha, parrulo cristado común). Pato cristado foi proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado tamén en publicacións ornitolóxicas (4A, 8A,

10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son zarronegrinho

ou negrinha (2A, 4A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D, o segundo con máis frecuencia).

● Nomes populares. Entre outras denominacións galegas para esta especie, recóllense

pachurro, X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A); pato negrón, A Villarino Gómez, nas terras da

desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A); negrón da carapucha, A. Villarino Gómez, na Limia

(9A); *coronete ou coroete, M. A. Conde Teira (12B); e posibelmente tamén pato negro, F. Bernis

Madrazo (11B).

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A.

platyrhynchos. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, ademais, recolle parrulo bravo, pato, pato de río e pito da auga como

sinónimos xenéricos e inespecíficos para Aythya, Netta e Melanitta, e de maneira específica pachurro e

parrulo cristado para Aythya fuligula.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. As voces pato e parrulo están recollidas con

frecuencia na nosa literatura (véxase A. platyrhynchos).

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, tanto negrinha como negrón ou

negro fan referencia á súa plumaxe. O nome coroete e os modificadores cristado e da carapucha

aluden ao característico moño ou penacho de plumas que posúe a especie. Sobre a motivación

semántica de pato, véxase Anas platyrhynchos. Pachurro pode ser unha variante de parrulo ou facer

alusión ao adxectivo "pachán", isto é, á forma gordecha do corpo desta ave. Non se encontrou unha

significación clara para o nome xenérico portugués zarro.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto á escolla entre

parrulo cristado e pato cristado, algúns comentarios a respecto do uso de parrulo / pato en

70

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!