19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

semántica de pato, véxase Anas platyrhynchos.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto á escolla entre

parrulo rubio e pato rubio, algúns comentarios sobre a coveniencia do uso de parrulo / pato

aparecen en Aythya ferina.

parrulo común Aythya ferina

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Parrulo chupón foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse

nalgunha outra publicación (2A e 18A). Nalgunhas publicacións empregouse o nome de parrulo

choupón (6A, 11A, 17A e 11B). Pato chupón foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde

Teira (12B); tense utilizado ou recollido en bastantes publicacións ornitolóxicas (4A, 8A, 10A, 12A, 13A,

14A, 15A e 16A). M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran en 1991 a denominación de

parrulo común (10B). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é zarro-comum ou zarro (2A,

4A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para Aythya ferina a denominación de negrón

roxo na desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). F. Bernis Madrazo rexistrou para esta especie o

nome de pachurro en Cospeito, Lugo (11B).

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A.

platyrhynchos. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, ademais, recolle parrulo bravo, pato, pato de río e pito da auga como

sinónimos xenéricos e inespecíficos para Aythya, Netta e Melanitta.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. As voces pato e parrulo están recollidas con

frecuencia na nosa literatura (véxase Anas platyrhynchos).

● Etimoloxía / motivación semántica. O modificador chupón, que tamén reciben como nome

Tachybaptus ruficollis e Podiceps cristatus, posibelmente refírese a mergullarse na auga, que un dos

hábitos desta especie e do xénero Aythya; choupón fai referencia a choupar, isto é, bater na auga,

batuxar; negrón e roxo aluden á plumaxe do peito e da cabeza (verdadeiramente roxa, é dicir, dunha

cor vermella tirando a castaña). Sobre a motivación semántica de pato, véxase Anas platyrhynchos.

Non se encontrou unha significación clara para o nome xenérico portugués zarro.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa consideraron acertada a división entre parrulo / pato estabelecida por X. M. Penas e

C. Pedreira para diferenciarmos pato mergullador / pato nadador, aínda que na lingua falada e

normativa parrulo e pato sexan equivalentes (10B). Posteriormente, M. A. Conde (12B) non

considerou este criterio e mantivo o nome xenérico pato para o xénero Aythya.

Na nosa opinión, o sistema de nomes xenéricos parrulo / pato para designarmos

respectivamente os xéneros Aythya / Anas é útil do punto de vista mnemotécnico e vantaxoso

sitematicamente para o ámbito da ornitoloxía especializada, pois reforza a asociación dun grupo de

paxaros pertencentes todos a un mesmo xénero coa súa denominación na lingua: parrulo común ou

parrulo chupón para Aythya ferina; parrulo cristado para Aythya fuligula; parrulo castaño para Aythya

nyroca; parrulo de colar para Aythya affinis etc. No caso de Netta rufina, entre pato rubio e parrulo

rubio, talvez sería máis conveniente pato, mantendo así o paralelismo co portugués, alén de se tratar

doutro xénero científico. Deste xeito, por tanto, parrulo designaría no ámbito da ornitoloxía

especializada galega as especies do xénero Aythya. Do punto de vista lingüístico, non sería nada grave

que o termo parrulo sexa na lingua coloquial sinónimo de pato e que estea connotado no ámbito da

ornitoloxía especializada; simplemente o termo tería as dúas acepcións, moi semellantes, porén unha

delas cun matiz diferente e nun ámbito de uso diferente.

Outra cuestión son as adxectivacións galegas choupón ou chupón para esta especie, que son

moi pouco específicas. Como xa comentamos, choupón fai referencia a que anda a choupar, a batuxar

na auga, e chupón fai referencia a chupar, chimparse na auga ou mergullarse. Por un lado, serían

modificadores aplicábeis en xeral ás especies do xénero Aythya. Para alén diso, é ben analizarmos máis

polo miúdo a precisión semántica e a orixe de chupón. No dicionario de Eladio Rodríguez (1958-1961),

inclúese chupón como sinónimo do termo castelán somormujo, ave mariña que se mergulla (9G). M. C.

Ríos Panisse, de maneira imprecisa, menciona a existencia do vocábulo chupona, en Cambados, para se

referiren a un paxaro que se mergulla e que pode estar moito tempo por baixo da auga, talvez –

apunta– o somormujo (7B). Outras fontes relacionan chupón con Tachybaptus ruficollis e Podiceps

cristatus e mesmo con patos negros mariños, que pode referir ao xénero Melanitta (véxanse estas

especies). Para alén diso, Ríos Panisse recolle o termo chupar en Portosín como “bucear, caer en picado

los pájaros para bucear”, aplicábel, por tanto, aos carráns ou ao mascato (7B).

Todo o devandito lévanos a preferir mellor a denominación parrulo común para Aythya ferina,

proposta no ano 1991 por T. Vidal e M. Conde, ben caracterizadora, exclusiva e inequívoca para esta

69

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!