19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

asubiador/asubiador americano, lavanco/lavanco americano e rabeiro/rabeiro americano.

cullerete Anas clypeata

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pato cullerete foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e tamén se empregou ou se recolleu este nome no

Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e noutras moitas publicacións ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 10A, 11A,

14A, 17A, 18A e 11B). Cullerete foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B);

utilizouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 12A, 13A, 15A e 16A). En 1991, M. A. Conde Teira

e T. A. Vidal Figueroa propuxeron para esta especie o nome de pato culler (10B). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son pato-trombeteiro e pato-colhereiro (2A, 4A, 10A, 1D, 2D e

3D, o segundo con máis frecuencia).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para Anas clypeata a denominación de

vazcallo e o castelanismo cuchareiro (en correcto galego, cullereiro) nas terras da desaparecida lagoa

de Antela, na Limia (9A). Cullerete é unha denominación que se rexistra no galego da zona de

Cospeito (10B). F. Bernis Madrazo apunta case o mesmo nome, cullarete, nesta zona (11B).

Por outro lado, singüeiro é unha denominación popular dunha especie de pato que talvez se

podería corresponder con A. clypeata: J. Cuveiro Piñol recóllea no ano 1876 como especie de pato que

abunda en la laguna de la Limia, del tamaño de la tórtola, pico espatulado y pies palmados (4G); M.

Valladares recóllea tamén como especie de pato da Limia, no ano 1884 (5G); e de modo similar X.

Filgueira Valverde et al. en 1926 (7G), L. Carré Alvarellos en 1928 (8G), E. Rodríguez González en

1958 (9G), Carré Alvarellos, novamente, en 1979 (11G) e M. C. Ríos Panisse en 1983 (7B), sen

achegaren máis datos sobre a especie.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en

A. platyrhynchos. X. L. Franco Grande, ademais, recolle a voz singüeiro, como pato que abunda na

Limia, sen achegar máis información sobre a especie. O Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, ademais das denominacións xenéricas indicadas en A.

platyrhynchos, inclúe a subentrada pato cullerete para designar especificamente a A. clypeata; recolle

tamén a voz singüeiro, que define como pato abundante nas lagoas da Limia, sen achegar máis

información sobre a especie.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A voz pato está recollida con frecuencia na nosa

literatura (véxase A. platyrhynchos).

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, tanto cullerete como culler e similares

fan referencia a característica forma do bico deste pato, que lembra unha culler. Non se achou unha

explicación clara para a denominación singüeiro; podería estar relacionada con singar, que é un

sinónimo de navegar (tampouco se identificou con certeza este nome con A. clypeata). A respecto da

motivación semántica de pato, véxase A. platyrhynchos.

pato rubio Netta rufina

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Parrulo rubio foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (5A e 22A) e noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 11A e 17A).

Pato rubio foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira (10B, 12B) e T. A.

Vidal Figueroa (10B); utilizouse tamén nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 18A, 12A, 13A,

14A, 15A e 16A). Nunha publicación empregouse pato louro (4A). Na bibliografía ornitolóxica, os

nomes portugueses son pato-ruivo e pato-de-bico-vermelho (2A, 1D, 2D e 3D, o segundo con máis

frecuencia).

● Nomes populares. Non se lle coñecen, non sendo os xenéricos.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A.

platyrhynchos. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, recolle parrulo bravo, pato, pato de río e pito da auga como

sinónimos xenéricos e inespecíficos para Aythya, Netta e Melanitta.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. As voces pato e parrulo están recollidas con

frecuencia na nosa literatura (véxase Anas platyrhynchos).

● Etimoloxía / motivación semántica. Todos os cualificativos desta especie fan referencia a

vistosa cor rubia da plumaxe da cabeza do macho adulto, ou ao seu bico, vermello. Sobre a motivación

68

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!