19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

e 17A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran para esta especie pato rabudo

(10B); esta denominación tamén se empregou nalgunha publicación (4A). Na bibliografía ornitolóxica, o

nome portugués é arrábio (2A, 4A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez recolleu para Anas acuta as denominacións populares de

albelo e pato de rabo longo na desaparecida lagoa de Antela, na Limia, Ourense (9A).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios

autores, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Anas platyrhynchos. O Dicionário da

língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, alén das denominacións

xenéricas indicadas en Anas platyrhynchos, inclúe a subentrada pato careto para designar

especificamente a Anas acuta e albelo, nunha das acepcións, para "unha clase de pato da Límia, de

pescozo branco". O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P.

Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle pato careto e pato rabilongo como sinónimos

específicos para A. acuta.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A voz pato está recollida na nosa literatura (véxase

Anas platyrhynchos).

● Etimoloxía / motivación semántica. Os modificadores rabilongo, rabudo e similares están

motivados polo rabo tan longo que ten esta especie en comparación con outros patos; albelo

seguramente estará relacionado coa vistosa cor branca do peito e do pescozo desta anátida (podería,

porén, tratarse dunha confusión; albelo emprégase tamén para A. querquedula, e cando menos a

correspondencia con esta especie tense identificado con certeza) e careto coa cor da cabeza, que é

diferente e contrasta coa do resto do corpo. Sobre a motivación semántica de pato, véxase A.

platyrhynchos.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. A escolla dunha

denominación específica estándar para A. acuta no ámbito da ornitoloxía especializada presenta un

pequeno problema en relación coa denominación de Clangula hyemalis, especie de presenza rara na

Galiza, para a que se usa o nome de parrulo rabudo ou pato rabeiro (e pato-rabilongo en portugués),

pois tamén é unha característica desta especie o rabo longo. Se se quixer manter pato rabilongo en

galego para Anas acuta (ou calquera outra denominación que aluda ao rabo), será preciso buscarlle

outra ben diferente para Clangula hyemalis (non pato rabudo ou pato rabeiro); e se se quixer salientar

o trazo do rabo longo no nome galego de Clangula hyemalis, haberá que procurar outro nome ben

diferente para A. acuta (non pato rabilongo). Usarmos para ambas as especies nomes tan

semellantes non ten moito xeito, na nosa opinión, porque non é nada bo de lembrar cal é cal, ou cal é

exactamente o adxectivo que se lle engade ao nome de A. acuta e cal ao nome de C. hyemalis (rabudo,

rabeiro ou rabilongo).

Neste sentido, pode haber varias solucións. Unha sería mantermos o nome de pato rabilongo

para A. acuta e usarmos outro ben diferente para C. hyemalis, como por exemplo havelda (que se usa

en castelán e é o nome islandés da especie) ou pato glacial (tomado do catalán ànec glacial, xa que

unha das definicións de glacial, que está nas zonas do círculo polar ou próximas a el, é ben acaída para

C. hyemalis).

Outra opción sería mantermos pato rabilongo para C. hyemalis (coincidiría coa denominación

portuguesa) e buscarlle outra ben diferente desa para A. acuta. Se soubésemos dunha denominación

galega popular clara, xeitosa e ben inequívoca para A. acuta, podía ser a solución. Nesta mesma liña,

outra solución pode ser usarmos para A. acuta o nome pato careto, proposto inicialmente por Penas e

Pedreira. Careto designa en galego un animal que ten a cara branca e o resto da cabeza negra, dun

modo que parece un capricho da natureza. A plumaxe da cabeza dos machos de A. acuta lembra ese

“capricho” cromático. Existe ademais a denominación pentumeiro careto para Melanitta perspicillata,

que tamén exhibe un contraste cromático na cabeza, mais cun nome xenérico ben diferente que o

identifica sen dúbidas.

Por último, como achega deste traballo, do mesmo modo que asubiador, lavanco ou cullerete,

tamén sería posíbel a designación do A. acuta cun nome curto como rabeiro, mantendo pato rabilongo

para C. hyemalis (que ademais así coincidiría coa denominación portuguesa). Rabeiro permitiría

ademais nomear facilmente unha especie americana moi semellante, Anas georgica, co nome rabeiro

americano. De modo semellante ao uso dos nomes xenéricos comúns para estas dúas especies que se

fai en inglés (que emprega Pintail ou Northern Pintail para Anas acuta, e Yellow-billed Pintail ou Brown

Pintail para Anas georgica) ou en italiano (que emprega codone ou codone comune para Anas acuta e

codone beccogiallo para Anas georgica), en galego empregaríase o mesmo nome xenérico con

modificadores diferentes: rabeiro (ou rabeiro europeo) para A. acuta e rabeiro americano para A.

georgica. Se fose pato careto americano, para alén de máis longo, non se correspondería exactamente

co aspecto físico (A. georgica non ten branco na cara); pato rabeiro americano ou pato rabilongo

americano, tamén un tanto longos, ofecerían confusión se se mantén pato rabilongo para C. hyemalis.

O nome curto rabeiro para Anas acuta sería na nosa opinión o máis acaído. Alén diso, rabeiro/rabeiro

americano daría máis forza ao sistema de nomenclatura dos patos, pois habería os pares

67

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!