19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Tanto pato como parrulo son voces xenéricas

recollidas con moita frecuencia na literatura galega de autor/a. Antonio Fernández Morales utiliza pato

no ano 1861 en Ensaios poéticos en dialecto berciano: "...como amergulla na presa o pato...". Ou, por

exemplo, Álvaro Cunqueiro usa o vocábulo específico pato azulón n' O incerto señor don Hamlet

(1959): "...El Rei, teu prometido esposo, está cazando patos azulós...". Este mesmo escritor emprega

os nomes xenéricos pato e parrulo n' A cociña galega (1973): "Nos ríos ríos hai patos, que en moitas

partes chaman parrulos... ".

Podemos engadir outros usos de parrulo na nosa literatura, como o que fai Francisco Álvarez

Novoa en Pé das Burgas, no ano 1896: "... vólvese meter de sulago como un parrulo da Limia...". Ou

Xosé Neira Vilas n' O cabaliño do demo (1971): "... por eso se puxo ledo coma un parrulo aquela noite

que...".

Por outro lado, tamén lavanco é unha denominación usada con frecuencia na literatura de

autor/a, como no caso de Amador Montenegro en Fábulas galaico-castellanas, no ano 1927: "... tres

lebres, seis arceas e un lavanco...". Ou Fuco G. Gómez n' O idioma dos animás (1937): "Moito lle

chamou a femenza á bubela qui o lavanco non peitizara naida...".

● Etimoloxía / motivación semántica. Segundo J. Corominas e J. A. Pascual, a mesma

onomatopeia que deu a voz “pata” deu tamén pato, que alude á maneira de andar destes animais. F.

Bernis Madrazo cita tamén a J. Corominas, que opina que lavanco viría de navanco (nava, en castelán,

é un lugar lamacento ou pantanoso); F. Bernis explica despois que, por etimoloxía popular, lavanco

puido soar como "ala-blanco", porque estes paxaros poden, ao voaren, mostrar manchas brancas, e de

aí o de alavanco (11B). Os modificadores do río, do mar e similares son cualificativos populares que

aluden ao seu hábitat, aínda que non é un pato propiamente mariño; do bico amarelo, como di, indica

a cor do bico desta especie; azulón fai referencia ás plumas azuis do espello alar deste pato,

características; bravo indica que é unha especie salvaxe, non domesticada; real é un cualificativo

engadido ao nome xenérico de moitas aves para as identificarmos como especies, que ás veces ten

relación cunha certa beleza ou vistosidade na súa forma ou nas súas cores, ás veces cunha certa

maxestade no xeito de camiñaren, de voaren ou de se moveren en xeral (neste caso, pode ser pola súa

vistosa plumaxe).

lavanco americano Anas rubripes

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Non foi atopada ningunha denominación galega para

esta especie nas publicacións ornitolóxicas revisadas, agás pato sombrío na terceira guía de X. M.

Penas Patiño e C. Pedreira López (22A). Noutra empregouse ánade sombrío (17A), pero é posíbel que

sexa unha confusión (ánade sombrío é o nome castelán da especie). Na bibliografía ornitolóxica, o

nome portugués é pato-escuro-americano (14A e 1D).

● Nomes populares. É unha especie de moi rara presenza na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares.

● Etimoloxía / motivación semántica. Do punto de vista semántico, os cualificativos escuro e

sombrío fan referencia á cor da súa plumaxe, marrón escura ou parda; americano alude á súa área

de distribución orixinaria. Sobre a motivación semántica de pato, véxase Anas platyrhynchos.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Aínda non está nada

fixada a denominación galega para esta especie, cando menos polo seu uso. As opcións ou propostas

até o de agora serían pato sombrío e pato escuro, ou mesmo engadindo o adxectivo americano a

algunha das anteriores.

A opción talvez máis xeitosa que teriamos en galego para A. rubripes sería empregarmos

lavanco americano, pois é unha especie filoxeneticamente moi próxima ao lavanco (A.

platyrhynchos). Esta é a solución a que se escolleu para o catalán, que utiliza ànec collverd para A.

platyrhynchos e ànec collverd americà para A. rubripes. En galego sería aínda máis doado, posto que

denominamos A. platyrhynchos só cunha palabra e non sería tan longo. Ademais, sería un sistema

paralelo ao que xa utilizamos en galego para A. penelope / A americana: asubiador (ou asubiador

europeo) e asubiador americano.

rabeiro (ou rabeiro europeo) Anas acuta

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pato careto foi o primeiro nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño, en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse nalgunhas publicacións (2A, 16A e

18A). Pato rabilongo foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); propúxose

ou utilizouse igualmente nas últimas guías de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) e

recolleuse ou utilizouse noutras publicacións ornitolóxicas (6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A

66

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!