19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

platyrhynchos. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

aparece a entrada cerceta, que nunha acepción define de forma xenérica como "aves da família dos

anátidas" e noutra acepción define e identifica especificamente con Querquedula querquedula (é dicir,

Anas querquedula). No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece

tamén a voz xenérica cerceta (como galega e preferente) e a voz zarceta (como galega, mais non

preferente), que remite a cerceta.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase Anas crecca sobre unha referencia ao

emprego de cerceta no ano 1937.

● Etimoloxía / motivación semántica. O termo cerceta vén do latín vulgar cercedula, que no

latín culto era querquetula. Chámaselle marreco, chilro e cantadeira, probabelmente, por causa das

voces características que emite esta anátida. Nelo é unha denominación recollida para Anas crecca e

Anas querquedula, dúas especies relativamente comúns moi pequenas de tamaño, e talvez esa

terminación indique un diminutivo relacionado co tamaño; alén diso, nelo podería ter relación con

albelo e con albela, pola plumaxe clara e pola característica cella branca dos machos de Anas

querquedula. Sendo así, non tería moito sentido a denominación nelo albelo, porén a formación

popular dos nomes non obedece á lóxica. Do estío fai referencia á súa fenoloxía, xa que é unha

especie migradora, que chega ás nosas latitudes na primavera e marcha no outono.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Conde e Vidal

comentan que cerceta é un nome patrimonial en galego, procedente do latín querquedula, que está

presente en moitas linguas románicas (10B) e que cerceta do estío é unha adaptación do francés

sarcelle d’été, mais é preferíbel antes que a denominación de cerceta albela, creado a partir dun dos

nomes desta especie recollido por A. Villarino nas terras da antiga lagoa de Antela, nelo albelo, co

nome xenérico de cerceta. Posteriormente, Conde preferiu mellor a denominación cerceta albela

(12B).

asubiador (ou asubiador europeo) Anas penelope

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pato asubión foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores e tamén se empregou o se recolleu noutras publicacións ornitolóxicas

(1A, 2A, 4A, 5A, 6A, 11A, 12A, 17A e 11B); na terceira guía de Pedreira e Penas, pato asubión

europeo (22A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeron pato asubiador (10B).

Asubiador foi a denominación proposta en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse

nalgunhas publicacións (13A, 15A e 16A). Nalgunha publicación utilizouse tamén asubión (10A e 14A).

Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é piadeira (2A, 4A, 10A, 11B, 1D e 2D) ou piadeiracomum

(3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou as denominacións populares galegas de

patialbo, sinado e silbador para Anas penelope na desaparecida lagoa de Antela, A Limia, Ourense

(9A). F. Bernis Madrazo comenta que tamén se lle chama lavanco a esta especie, ou sexa, co mesmo

nome usado para Anas platyrhynchos, nalgunhas localidades da provincia de Lugo (11B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios

autores, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A. platyrhynchos. No Dicionário da língua

galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, ademais das denominacións xenéricas

indicadas en A. platyrhynchos, inclúe a subentrada pato asobión para designar especificamente a A.

penelope.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A voz pato está recollida con frecuencia na nosa

literatura (véxase A. platyrhynchos).

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica de pato, véxase A.

platyrhynchos. Asubiador, piadeira e similares fan referencia ao característico asubío bisílabo agudo

que emite o macho. Patialbo é por causa das partes brancas do ventre e das ás do macho. Europeo

refírese á súa área de distribución e diferénciao da especie seguinte por oposición, Anas americana, se

se estiver a falar das dúas nun mesmo contexto.

asubiador americano Anas americana

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Asubiador americano foi o nome proposto en 1999

no traballo de M. A. Conde Teira (12B); esta denominación empregouse nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (13A, 15A e 16A). Nalgunha publicación tamén se utilizou pato asubión americano

(12a, 17A e 22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é piadeira-americana (1D, 2D e

64

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!