19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

cerceta da Carolina Anas carolinensis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Cerceta real americana empregárase cando esta

especie aínda se consideraba unha subespecie da anterior, ou sexa, A. crecca carolinensis (17A).

Cerceta da Carolina empregouse especificamente para A. carolinensis na terceira guía de C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño (22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é marrequinhaamericana

(2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de moi rara aparición na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares galegas, non sendo a xenérica.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A.

platyrhynchos. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, e

no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as voces xenéricas

apuntadas en A. crecca e A. querquedula.

● Etimoloxía / motivación semántica. O termo cerceta vén do latín vulgar cercedula, que no

latín culto era querquetula. Da Carolina e americana fan referencia á súa área de distribución

orixinaria.

cerceta de á azul Anas discors

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Cerceta aliazul foi o nome galego proposto nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas guía de X. M. Penas

Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) e tense recollido ou utilizado tamén nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (6A, 10A, 13A, 14A e 17A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son patod’asa-azul

e marreca-d'asa-azul (2A, 1D, 2D e 3D, o último con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie de moi rara aparición na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares galegas, non sendo a xenérica.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A.

platyrhynchos. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, e

no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as voces xenéricas

apuntadas en Anas crecca e Anas querquedula.

● Etimoloxía / motivación semántica. O termo cerceta vén do latín vulgar cercedula, que no

latín culto era querquetula. Aliazul ou d’asa-azul indica a rechamante cor das plumas cobertoras das

ás. Sobre a motivación semántica de pato, véxase Anas platyrhynchos.

albelo Anas querquedula

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Cerceta do estío foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, na Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa en 1991 (10B); utilizouse nas guías de aves de X.

M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e tense

recollido ou empregado tamén noutras moitas publicacións ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 8A, 10A, 11A,

12A, 14A e 11B). Cerceta albela foi proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B);

empregouse nalgunhas publicacións (13A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

marreco (2A, 4A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para Anas querquedula as denominacións

populares galegas de nelo, nelo albelo, serrano e chilro na desaparecida lagoa de Antela, na Limia

(9A). Tamén E. Rivas Quintas, que recolle a voz parreco, coa que describe un pato pequeno, dos máis

pequenos que hai na Limia, recolle despois a voz albelo para describir unha clase de pato salvaxe que

hai na Limia, de pescozo branco, que se parece ao parreco, e que tamén é de tamaño pequeno; parece,

por tanto, que está a identificar parreco con A. crecca e albelo con A. querquedula (10G). E. Rivas

Quintas recolle a voz pato chilro en Porqueira da Limia, que non identifica con ningún nome científico

mais que probabelmente sexa A. querquedula (14G). Na primeira guía de aves, X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López apuntan tamén o nome galego de cantadeira (1A). F. Bernis Madrazo recolle

cantadeira como nome portugués (11B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A.

63

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!