19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

parece un tecido de la que está levantado; vazcallo probabelmente é unha variante de vascallo, que

nunha das súas acepcións significa farrapo lixado e húmido, e pódese relacionar tamén co aspecto da

plumaxe desta ave; medianeiro pode referirse ao seu tamaño medio. Sobre a motivación semántica

de pato, véxase A. platyrhynchos.

cerceta común Anas crecca

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Cerceta real foi a denominación proposta por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 11A, 17A e 18A). Nalgunha

publicación empregouse cerceta real americana para a subespecie A. crecca carolinensis (17A).

Cerceta –ou cerceta común– foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira

e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado nalgunhas publicacións (8A, 10A, 12A, 13A, 14A,

15A e 16A). Nalgunha publicación utilizouse charneco (4A), que tamén foi recollido no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é marrequinha,

marrequinho ou marrequinha-comum (2A, 10A, 1D, 2D e 3D, o último con máis frecuencia).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez recolle especificamente para Anas crecca as

denominacións populares galegas de nelo, nela, nelli, chilro e chirlo na desaparecida lagoa de

Antela, A Limia, Ourense (9A). E. Rivas Quintas recolle a voz parreco, coa que describe un pato

pequeno, dos máis pequenos que hai na Limia; despois recolle a voz albelo para describir unha clase de

pato salvaxe que hai na Limia, de pescozo branco, que se parece ao parreco, e que tamén é de tamaño

pequeno; parece, por tanto, que identifica atinadamente parreco con A. crecca e albelo con A.

querquedula (10G). M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa comentan que na Galiza, en zonas onde

aniña esta especie (ribeiras do río Louro, Budiño, Porriño), recibe o nome de charneco (10B). X. M.

Penas Patiño e C. Pedreira López apuntan tamén o nome de lavanquiño (1A). M. J. Pérez Alonso

rexistrou a voz cerceta en Goián e G. Baamonde Traveso a voz zarceta en Cedofeita (3C).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en A.

platyrhynchos. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

aparece a entrada cerceta, que nunha acepción define de forma xenérica como "aves da família dos

anátidas" e noutra acepción define e identifica con Querquedula querquedula (é dicir, Anas

querquedula). O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, recolle cerceta común, cerceta real, charneco, lavanquiño e pato de

río como sinónimos específicos para A. crecca. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, aparece a entrada cerceta (como galega e preferente), definida e identificada con Anas

crecca, e a voz zarceta (como galega e non preferente), que remite a cerceta.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Fuco G. Gómez emprega a voz cerceta n' O

idioma dos animás (1937), unha obra que se publicou na Habana: "...de túda-las demais aves: ao

flamengo téñeno por “cangallo”, á cerceta dille “cairenta”..." .

● Etimoloxía / motivación semántica. O termo cerceta vén do latín vulgar cercedula, que no

latín culto era querquetula. Lavanquiño é un diminutivo de lavanco, talvez polo tamaño visibelmente

menor que Anas platyrhynchos (o lavanco) e porque tamén ten o mesmo espello alar verde metálico

que ten o lavanco. Nelo é unha denominación recollida para Anas crecca e Anas querquedula, dúas

especies relativamente comúns moi pequenas de tamaño, e talvez esa terminación indique un

diminutivo; ademais, nelo podería ter relación con albelo, pola plumaxe de Anas querquedula, e que

desa especie o nome pasase a Anas crecca (que de branco non ten nada, mais, como indicamos, tamén

é unha anátida pequena). Charneco, parreco, chirlo e similares poderían ter relación con algúns sons

desta anátida, uns grallos como trrrr ou crrrec. Real é un cualificativo engadido ao nome xenérico de

moitas aves para as identificar como especies, e que ás veces ten relación cunha certa beleza ou

vistosidade (neste caso, a súa plumaxe de cores); de río fai referencia ao seu hábitat.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa consideran charneco e cerceta nomes igualmente válidos, mais prefiren a

denominación cerceta por ser a primeira claramente local (10B). Ademais, comentan que cerceta é un

nome patrimonial galego, procedente do latín querquedula, que está presente en moitas linguas

románicas (10B). Por outro lado, na Nueva contribución a un vocabulario castellano-gallego, J. S.

Crespo Pozo (1985) recolle como nome galego cerceta por estar presente nos cancioneiros galegoportugueses

medievais (12G).

62

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!