19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 17A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son

pato-pescoço-verde, pato-branco e tadorna (2A, 11B, 1D, 2D e 3D, o último con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie rara na Galiza e non se lle coñecen nomes populares.

● Dicionarios consultados. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle gansa branca e pato branco como

sinónimos específicos para Tadorna tadorna. No resto, atopáronse as denominacións xenéricas

apuntadas en Anas platyrhynchos.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A voz pato está recollida na nosa literatura (véxase

Anas platyrhynchos).

● Etimoloxía / motivación semántica. Canto á motivación semántica, o adxectivo branco que

define a especie fai referencia á cor predominante na plumaxe desta anátida, branca, moi rechamante;

tamén pescoço-verde alude á cor da plumaxe (aínda que o pescozo verdadeiramente é a metade

verde e a metade branco). A respecto da motivación semántica de pato, véxase Anas platyrhynchos.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa comentan que as especies do xénero Tadorna se deben denominar xenericamente

patos ou gansos en galego, mais o nome de gansa é inadecuado por corresponder ás femias dos

gansos (10B).

pato falcado Anas falcata

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pato falcado foi o nome proposto en 1999 por M. A.

Conde Teira (12B); empregouse nunha publicación ornitolóxica (14). Nalgunha publicación tamén se

utilizou ou se recolleu cerceta de fouzas (12A e 14A); na terceira guía de C. Pedreira López e X. M.

Penas Patiño, cerceta de falcatas (22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

marrequinho-de-foice e pato falcado (12B e 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha rarirade e non se lle coñecen denominacións populares galegas, non

sendo as xenéricas.

● Dicionarios consultados. Acháronse as denominacións xenéricas apuntadas en Anas

platyrhynchos.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

explica que a denominación falcado está relacionada co latín falx, fouciño (12B).

Tamén en relación co antedito, falcata é o nome dunha antiga arma formada por un pau e

unha fouce nun dos extremos. Por tanto, de falcatas, falcado e similares estarían relacionados coa

semellanza desta especie cunha fouce, quer na forma do seu corpo pousado ou en voo, quer nalgunha

parte corporal, mais non se encontrou unha explicación clara. Sobre a motivación semántica de pato,

véxase A. platyrhynchos.

pato frisado Anas strepera

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pato cincento foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

ou recolleuse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A)

e noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 11A, 18A e 11B). Tamén pato cinsento se empregou

nalgunha publicación galega (4A e 17A). Pato frisado foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense utilizado nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é frisada (2A, 4A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou especificamente para Anas strepera as

denominacións populares galegas de vazcallo e medianeiro na desaparecida lagoa de Antela, na

Limia, Ourense (9A).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios

autores, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Anas platyrhynchos. No Dicionário da

língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, ademais das denominacións

xenéricas indicadas en A. platyrhynchos, inclúe a subentrada pato cincento para designar

especificamente Anas strepera.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A voz pato está recollida con frecuencia na nosa

literatura (véxase A. platyrhynchos).

● Etimoloxía / motivación semántica. O modificador cinsento está motivado pola cor da súa

plumaxe; frisado pode aludir tamén á plumaxe, porque esta ten moitos puntiños brancos e negros,

61

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!