19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

pato mandarín Aix galericulata

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pato mandarín foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nas guías de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López

(5A e 22A) e tense recollido ou empregado tamén nalgunhas publicacións ornitolóxicas (4A, 10A, 12A,

13A, 14A, 15A, 16A e 17A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é pato-mandarim (1D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares, agás a xenérica.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as denominacións xenéricas apuntadas en Anas

platyrhynchos.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da motivación semántica de pato, véxase Anas

platyrhynchos. O cualificativo mandarín alude á súa área de distribución: na Europa hai poboacións

asilvestradas, mais a ave é orixinaria do leste da Asia central, incluído o Xapón; no inverno chega até o

sueste da China.

pato ferruxento Tadorna ferruginea

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gansa ferruxenta foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); recolleuse

nalgunha publicación ornitolóxica (2A). Pato *canelo foi o nome proposto en 1999 por M. A. Conde

Teira (12B); empregouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (6A, 11A, 13A, 15A e 16A). En 1991, M.

A Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeron o nome de pato ferruxento (10B); nalgunhas

publicacións ornitolóxicas empregouse tamén este nome (8A, 10A, 12A, 14A e 22A), inclusive na última

guía de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (22A). Nunha publicación apareceu co nome de tarro

canelo, de certo unha confusión coa denominación castelá (17A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son pato-ferrugento, pato-ferrugineo e pato-casarca (2A, 11B, 1D, 2D e 3D, o último

con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen nomes populares.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as denominacións xenéricas apuntadas en Anas

platyrhynchos.

● Etimoloxía / motivación semántica. Canto á motivación semántica, os adxectivos *canelo ou

ferruxento que se empregan para definir a especie fan referencia á cor predominante na plumaxe

desta anátida, laranxa ou crema, como á da canela, moi rechamante. Sobre a motivación semántica de

pato, véxase A. platyrhynchos.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

considera en 1999 (12B) que é preferíbel pato *canelo por definir mellor os trazos da especie e

porque pato ferruxento se pode confundir co nome de parrulo ferruxento, usado por Penas e

Pedreira para Aythya nyroca (porén, pato ferruxento tamén fora proposto por Conde e Vidal para T.

ferruginea en 1991).

É preciso comentar que o modificador *canelo, que marcamos cun asterisco, é un calco do

particular nome castelán desta especie, tarro canelo, pois non é propio do galego que o adxectivo

canela presente flexión de xénero gramatical. Para nos referirmos á calquera realidade de cor

semellante á da canela, en galego dicimos sempre canela, non varía morfoloxicamente (do mesmo

modo que se o modificador fose “laranxa”, por exemplo, por semellanza coa cor da laranxa; daquela

non dicimos en galego “pato laranxo”, dicimos igualmente “pato laranxa”). Por tanto, o correcto sería

pato canela. Exactamente o mesmo acontece co nome pilro *canelo proposto para Tryngites

subruficollis, calco do castelán correlimos canelo, que en bo galego ten de ser pilro canela.

A pesar de todo o devandito, se para A. nyroca empregamos o cualificativo castaño (pato

castaño ou parrulo castaño) proposto por Conde Teira (12B) e por Conde Teira e Vidal Figueroa (10B),

non hai xa posibilidade de confusión nin problema ningún para continuar utilizando pato ferruxento

para T. ferruginea. Na nosa opinión isto sería o mellor, xa que este último nome, pato ferruxento, ten

abonda tradición en galego para esta especie e coincide ademais co nome latino e cunha das

denominacións portuguesas.

pato branco Tadorna tadorna

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Gansa branca foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

na primeira guía de aves destes autores e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (1A, 2A, 4A, 18A e 11B). Pato branco foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A.

Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas outras guías de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López (5A e 22A) e tense recollido ou utilizado tamén noutras moitas publicacións (6A, 8A,

60

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!