19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

utilizouse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A); tamén se empregou este nome nalgunha

outra publicación ornitolóxica (2A, 4A e 17A). Ganso de cara branca foi o nome proposto en 1991 e

1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse tamén nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (13A e 15A). Nalgunha publicación empregouse o nome de ganso

caribranco (10A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son ganso-de-facesbrancas

e ganso-marisco (2A, 4A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara e non se lle coñecen denominacións populares,

agás a xenérica.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as entradas xenéricas apuntadas en A. anser. No

Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da editorial Galaxia, aparece a entrada

galega sangano, como equivalente ao ganso doméstico. Igualmente, nalgúns dos traballos

lexicográficos que mencionamos puntualmente, como no Frampas, contribución al diccionario gallego

(Eligio Rivas Quintas, 1978), ou no Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán-galego de

Leandro Carré Alvarellos (1979), recóllese a voz sangano como nome para o ganso doméstico.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego da voz ganso na nosa literatura,

véxase A. anser.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de ganso, véxase A. anser. Os

modificadores de cara branca, de-faces-brancas etc., aluden á característica cor branca que ten na

cara. H. Costa et al. explican que a aparición dos bandos de gansos na costa era unha sorpresa grande

para a xente que os avistaba, que pensaba que nacían do marisco, quere dicir, que o marisco producía

os patos, e por iso o de ganso-marisco. Non se achou de modo claro a etimoloxía de sangano, que

posibelmente sexa unha corruptela popular de ganso (ganso, gansano, sangano) para designar a

especie doméstica.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Ganso sangano

parece antes ben unha denominación propia da especie doméstica, non das especies salvaxes, e ben

pouco acaída como proposta para B. leucopsis.

ganso de cara negra Branta bernicla

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ganso cabecinegro foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas dúas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén

nalgunhas publicacións ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 11A e 17A). Ganso de cara negra foi o nome

proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense

empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (13A, 15A e 16A). Nalgunha publicación empregouse

ganso carinegro (10A, 12A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son ganso-defaces-negras

e ganso-de-faces-pretas (2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares, non sendo a xenérica.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as entradas xenéricas apuntadas en Anser anser.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego da voz ganso na nosa literatura,

véxase A. anser.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de ganso, véxase A. anser. Os

modificadores cabecinegro, de cara negra etc., fan todos referencia á caracacterística cor negra que

ten na cara, no pescozo e no peito.

ganso do Exipto Alopochen aegyptiacus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ganso do Exipto foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B). Nalgunha publicación ornitolóxica empregouse ganso exipcio

(10A e 14A) e ganso do Nilo (17A). Na bibliografía ornitolóxica, a denominación portuguesa é gansodo-Egipto

(1D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares, agás a xenérica.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as entradas xenéricas apuntadas en Anser anser.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de ganso, véxase A. anser. Os

modificadores do Exipto, do Nilo etc. fan todos referencia á área de distribución orixinaria da especie.

59

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!