19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

● Nomes populares. É unha especie que moi rara vez aparece na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares galegas, agás a xenérica.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as entradas xenéricas apuntadas en Anser anser.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego da voz ganso na nosa literatura,

véxase A. anser.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de ánsar e de ganso, véxanse

as especies anteriores. Os modificadores careto ou de testa branca fan referencia á mancha branca

que ten na cabeza; grande é para o distinguir doutra especie –Anser erythropus, que non se ten

avistado na Galiza– que tamén ten unha mancha branca na cabeza, mais é unha ave máis pequena.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Os criterios para a

escolla do nome xenérico ganso como o estándar comentáronse en A. anser.

Pensándomos nun contexto en que se poida facer referencia a un tempo ao Anser albifrons e ao

Anser erythropus (esta última especie non está rexistrada na xeografía galega), podería usarse ganso

de testa branca e ganso de testa branca pequeno, respectivamente, para diferenciármolas. Un

sistema de nomenclatura semellante se está a usar na lingua inglesa (só White-fronted Goose para A.

albifrons e Lesser White-fronted Goose para A. erythropus) e recentemente tamén (3D) na lingua

portuguesa.

ganso do Canadá Branta canadensis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ganso do Canadá foi proposto en 1977-1978 por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén en

1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (15A,

16A e 22A). Noutras publicacións recolleuse ganso canadense (10A e 14A). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é ganso do Canadá (1D e 2D), coa forma ganso-do-canadá (3D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara e non se lle coñecen denominacións populares,

agás a xenérica.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as entradas xenéricas apuntadas en A. anser.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego da voz ganso na nosa literatura,

véxase A. anser.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de ganso, véxase A. anser. O

modificador do Canadá e similares fan referencia á súa área de distribución orixinaria (agora tamén

hai poboacións salvaxes na Europa septentrional).

ganso de pescozo rubio Branta ruficollis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ganso paporrubio foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B) e utilizouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A e

14A). Na terceira guía de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño (22A) empregouse ganso de pescozo

rubio. Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son ganso-de-pescoço-ruivo e ganso-depeito-ruivo

(2A e 1D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara e non se lle coñecen denominacións populares,

agás a xenérica.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as entradas xenéricas apuntadas en Anser anser.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego da voz ganso na nosa

literatura, véxase A. anser.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía de ganso, véxase A. anser. Os

modificadores paporrubio, de-pescoço-ruivo etc. fan referencia á característica cor rubia que ten na

cara, no pescozo e no peito.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Dos dous nomes

galegos que se teñen empregado, o criterio de converxencia ou semellanza co portugués talvez faría

preferíbel a escolla de ganso de pescozo rubio, seguindo ademais as indicacións da RAG para aquelas

realidades que non tiveron denominación en galego até a actualidade. Por outro lado, paporrubio non

é un cualificativo tan bo definidor para B. ruficollis como de pescozo rubio, pois non é só o papo a

parte que ten rubia: ten tamén as meixelas ou faceiras e, nomeadamente, o pescozo.

ganso de cara branca Branta leucopsis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ganso sangano foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

58

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!