19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Os criterios para a

escolla do nome xenérico ganso como o estándar comentáronse en A. anser.

ganso campestre Anser fabalis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ánsar bravo foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunha outra

publicación ornitolóxica (2A e 4A). Nunha publicación utilizouse para esta especie o nome de ánsar

campestre (17A). Ganso campestre foi a denominación proposta en 1991 e 1999 nos traballos de M.

A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); recolleuse ou empregouse nalgunhas publicacións

(10A, 12A, 13A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é ganso-campestre (2A, 1D,

2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou especificamente para Anser fabalis as

denominacións de ganso e pato ganso nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia, Ourense

(9A).

● Dicionarios consultados. Atopáronse as entradas xenéricas apuntadas en Anser anser.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego da voz ganso na nosa

literatura, véxase A. anser.

● Etimoloxía / motivación semántica. O nome ánsar vén do latín anser; o nome ganso, do

gótico gans. Os modificadores campestre e bravo indican que é unha especie salvaxe, non

domesticada; de modo particular para esta especie, campestre alude a campos, pois A. fabalis inverna

caracteristicamente terra adentro, en campos e prados non moi lonxe da auga.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Os criterios para a

escolla dun nome xenérico estándar comentáronse en A. anser. O modificador bravo é moi inespecífico

(véxase esta mesma alínea referida a A. anser).

ganso de cabeza listada Anser indicus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ánsar índico foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, na Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse nas

guías de aves destes autores e recolleuse nalgunha outra publicación (1A, 2A e 5A). Ganso de cabeza

listada foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tamén se empregou esta

denominación nalgunha publicación ornitolóxica (13A). Noutras publicacións aparece o nome de ganso

indio (4A, 10A, 12A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son ganso-índio e

ganso-de cabeça-listada (2A, 4A, 1D e 2D).

● Nomes populares. É unha especie de aparición extremadamente rara na Galiza e non se lle

coñecen denominacións populares galegas, agás a xenérica.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as entradas xenéricas apuntadas en Anser anser.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego da voz ganso na nosa

literatura, véxase A. anser.

● Etimoloxía / motivación semántica. Ánsar vén do latín anser; ganso, do gótico gans. O

modificador de cabeza listada fai referencia ás conspicuas listas negras que ten nas costas da cabeza,

que o distinguen dos outros gansos; índico e similares aluden á súa área de distribución (cría na Asia

central, inverna no norte da India).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa comentan que optan optaron pola denominación de ganso de cabeza listada por

reflectir mellor as características da especie do que o nome ganso indio e por ser ademais o nome

proposto na lista sistemática portuguesa (10B).

ganso de testa branca Anser albifrons

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ánsar careto grande foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunha outra publicación

ornitolóxica (2A, 5A, 6A e 22A). Ganso de testa branca foi o nome proposto en 1999 no traballo de

M. A. Conde Teira (12B), que se utilizou nunha publicación ornitolóxica (13A); noutras publicacións

(10A, 12A e 14A) empregouse o nome de ganso testibranco. Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é ganso-grande-de-testa-branca (2A, 1D e 2D) e ganso-de-testa-branca (3D).

57

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!