19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

ganso común Anser anser

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ánsar cincento foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (2A, 6A e 18 A); nalgunha publicación utilizouse ánsar cinsento (4A e 17A).

Ganso bravo foi a denominación proposta en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (12A, 13A, 15A e

16A). Nalgunha outra publicación ornitolóxica, aparece ganso común (10A e 14A). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é ganso-bravo (2A, 1D e 2D).

● Nomes populares. C. García González rexistrou o nome inespecífico de ganso en Compostela;

J. L. Couceiro Pérez, en Feás (3C). F. Bernis Madrazo apunta as denominacións xenéricas galegas pata

(na Coruña, Lugo, Pontevedra e norte de Portugal), ánsar e ganso bravo (11B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e

F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparece a voz galega sangano identificada co ganso

doméstico. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe

a entrada xenérica ganso, e especifica a subentrada ganso bravo para se referir a ganso salvaxe;

tamén inclúe a entrada ganseirón, que define, nunha das acepcións, como especie de ganso bravo,

sen especificar. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, recolle pato parrulo e pato de río como sinónimos xenéricos de ganso,

apuntando os xéneros Anser e Branta. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios

autores, aparece a entrada xenérica ganso (como galega e preferente), que define e identifica con

Anser anser; rexeita as voces *oca e *ánser, que non considera galegas, e remite a ganso.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Ganso é un vocábulo recollido na nosa literatura

por diversos autores, como Roxelio Lois Estévez, xa no ano 1894, en Fabas e Castañas: "Consolo

cáusame e sigo / coa miña pruma de ganso ...". Ou María Pilar Campo no ano 1996, en Confusión

e morte de María Balteira: "O corazón do ganso latexaba entre os brazos da muller...".

● Etimoloxía / motivación semántica. O nome ánsar vén do latín anser; o nome ganso, do

gótico gans. O modificador cinsento fai referencia á cor da súa plumaxe; bravo indica que é unha

especie salvaxe, non domesticada.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa comentan que ganso é o único nome xenérico de que dispón o galego e que ánsar é

un arcaísmo innecesario (10B).

No que fai referencia aos modificadores para a súa caracterización específica, tanto bravo como

cincento para Anser anser teñen o problema de seren moi inespecíficos, xa que estes mesmos

modificadores se poderían aplicar practicamente a todas as especies do xénero Anser. A pesar de que

bravo é tamén o modificador en portugués, talvez sería mellor usarmos para este paxaro o cualificativo

común (ganso común), denominación que xa se ten utilizado nalgunhas publicacións (10A e 14A).

Deste xeito, ganso bravo sería o modo de denominarmos as especies todas que non son domésticas,

calquera delas (non só A. anser), fronte ao ganso doméstico (o animal caseño ou criado nas granxas);

e ganso común sería, das silvestres ou bravas, o A. anser, a especie que con máis frecuencia

avistamos na Galiza.

A pesar de que en xeral e na medida do posíbel téntase unha harmonización coas

denominacións portuguesas, A. anser debería ser unha excepción: o modificador usado en portugués

no contexto da ornitoloxía especializada ─aínda que se pode adoptar perfectamente en galego─ é moi

inespecífico. O mesmo sucedería coa denominación cisne bravo para Cygnus cygnus.

ganso de bico curto Anser brachyrhynchus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ganso bicocurto foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense utilizado en varias publicacións ornitolóxicas (10A, 13A, 14A,

15A e 16A). Nalgunha publicación ornitolóxica tamén se empregou o nome de ánsar biquicurto (17A)

e ánsar bicocurto (22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é ganso-de-bico-curto (1D,

2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares galegas, non sendo a xenérica.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as entradas xenéricas apuntadas en Anser anser.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego da voz ganso na nosa literatura,

véxase A. anser.

● Etimoloxía / motivación semántica. Ánsar vén do latín anser; ganso, do gótico gans. O

modificador bicocurto e similares fan referencia ao seu bico, como queda explícito.

56

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!