19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

sonoras voces que emite; grande fai referencia ao seu tamaño; bravo indica que é unha especie

salvaxe, non domesticada.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa comentan que cisne é o nome xenérico vivo na fala, e ciño é un arcaísmo (10B).

Como vimos, C. Pedreira e X. M. Penas sistematizaron igualmente as denominacións deste grupo de

especies co nome xenérico de cisne.

No que fai referencia aos modificadores para a súa caracterización específica, grande non

parece, na nosa opinión, moi específico ou característico, xa que Cygnus cygnus ten o mesmo tamaño

que Cygnus olor; bravo tampouco o é moito ─a pesar de que é o modificador en portugués─, pois

tamén sería ben válido para Cygnus columbianus e para otras especies de cisnes (comparados calquera

deles con Cygnus olor, a especie que máis se achega ao xénero humano). Talvez outro adxectivo, como

cantador, sería moito máis específico e inequívoco para Cygnus cygnus (das tres, é a especie de cisne

que máis barullo mete), formando así un sistema de nomenclatura coa denominación cisne mudo para

Cygnus olor, que fai referencia ao mesmo trazo, a voz. (O adxectivo castelán con que se designa

especificamente Cygnus cygnus é cantor e de modo similar o adxectivo catalán específico é cantaire).

A este respecto, lembremos que o uso de cantor/cantador en galego non é exactamente o

mesmo que en castelán. En galego, "cantor" ten un uso moi marcado como substantivo e "cantador"

ten un uso moi marcado como adxectivo (por tanto, en principio cisne cantador sería o correcto). En

castelán cantor ten un uso moito máis versátil, con moita frecuencia ten función tanto de adxectivo

como de substantivo, en tanto que cantador, aínda que tamén se usa como adxectivo ten un uso

particularísimo como substantivo, que non é o caso do galego.

A pesar de que en xeral e na medida do posíbel téntase ─neste traballo e en xeral na ornitoloxía

galega─ unha harmonización coas denominacións portuguesas, pensamos que Cygnus cygnus debería

ser unha excepción: o modificador usado en portugués no contexto da ornitoloxía especializada, bravo,

aínda que se pode adoptar perfectamente en galego é moi inespecífico. O mesmo acontecería coa

denominación ganso bravo para Anser anser.

cisne pequeno Cygnus columbianus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Ciño pequeno foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño, en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse nalgunha outra publicación (2A).

Cisne pequeno foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

(10B e 12B); este nome tamén se empregou nas seguintes guías de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira

López (5A e 22A) e tense recollido ou empregado nalgunhas publicacións ornitolóxicas (4A, 10A, 12A,

13A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é cisne-pequeno (2A, 4A, 1D e 2D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares galegas, bardante a xenérica.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios consultados aparecen as entradas xenéricas e as

matizacións xa apuntadas en Cygnus olor.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase Cygnus cygnus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Os termos cisne e ciño, como xa se comentou nas

especies anteriores, veñen do latín cygnus. O modificador pequeno fai referencia ao seu tamaño, pois

é o máis cativo das tres especies.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. A respecto de cisne /

ciño, véxase esta mesma alínea para C. cygnus.

cisne negro Cygnus atratus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Cisne negro foi o nome galego que se utilizou

nalgunhas publicacións ornitolóxicas (16A e 17A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

cisne-preto (1D e 2D).

● Nomes populares. Trátase de animais soltados ou fugados de cativerio, non autóctonos da

fauna do país, e son moi raros de ver, polo que non existen denominacións populares na fala galega.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios consultados aparecen as entradas xenéricas xa

apuntadas en Cygnus olor.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase C. cygnus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Cisne, como xa se comentou nas especies anteriores, vén

do latín cygnus. O modificador negro fai referencia á súa plumaxe, característica que o diferencia nun

chiscar de ollos das especies anteriores.

55

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!