19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

xenérica ibis. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece

igualmente recollida a denominación xenérica ibis (como galega e preferente); coa voz mazarico só

define outras aves, as do xénero Numenius.

● Etimoloxía / motivación semántica. Probabelmente a formulación de denominacións galegas

para esta especie no contexto da ornitoloxía especializada co nome xenérico de mazarico sexa por

causa do seu parecido coas especies do xénero Numenius, pois tamén ten o bico longo e encurvado

para baixo. Os cualificativos mouro, negro ou preto fan referencia ás cores da súa plumaxe, entre

chocolate escura e negras.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. A designación de

Plegadis falcinellus co nome mazarico ten inconvenientes. Mazarico xa se emprega na ornitoloxía

galega para varias aves limícolas que teñen o bico longo, encurvado para baixo ou non (xéneros

Numenius, Limosa e Limnodromus) e pode levar a algunha confusión. Alén diso, o nome mazarico en

galego designa popularmente e propiamente esas aves limícolas ou xéneros que acabamos de

mencionar, quere dicir, Plegadis falcinellus non é verdadeiramente un mazarico, filoxeneticamente

está ben lonxe das devanditas especies (sería, por pormos un exemplo, como se en castelán se che lle

chamase zarapito a P. falcinellus porque ten o bico longo e encurvado, mais non sería o nome

verdadeiramente propio, acaído para esta ave). Non sendo que houbese un nome popular galego para

P. falcinellus (que non é o caso de mazarico para esta especie, pois é unha proposta feita no contexto

da ornitoloxía galega se cadra procurando a harmonización co nome que no pasado se usou en

portugués), talvez sería moito mellor empregarmos ibis preto para este paxaro (paralelamente ao

nome portugués estandarizado hoxe en día pola ornitoloxía lusa especializada). Tanto ibis como preto

son tamén voces galegas, sendo ademais ibis a denominación que mellor lle acae, a que

caracteristicamente lle corresponde. Para alén diso, é ben interesante considerarmos xa o nome ibis

para esta ave pensándomos nun sistema de nomenclatura que pode incluír outras especies semellantes

da familia Threskiornithidae.

A respecto da galeguidade do adxectivo preto, aínda que se podería pensar que a única opción

propiamente galega é negro (dificilmente se recolle o adxectivo preto nos dicionarios actuais), convén

lembrarmos que a pesar de que case non se usa existe tamén na lingua popular con este significado

(usado popularmente en galego cando menos para nos referir a san Benito Preto ou aos pretos de

África). Ademais hai falantes de galego que, alén de coñeceren semanticamente este adxectivo e usalo,

distinguen tamén foneticamente entre o adxectivo preto (con e pechado) e o adverbio de lugar preto

(con e aberto), é dicir, que para estes falantes son dúas palabras que soan de modo moi diferente e así

as usan e así as describen. Na nosa opinión, se ben é certo que non debería abusarse do uso de preto

na procura dun achegamento ao portugués, pois non é o termo que habitualmente se utiliza en galego,

podería empregarse puntualmente en denominacións como esta, ibis preto, en que se alude a unha

ave que se presenta moi de cando en vez na nosa xeografía e cuxo aspecto suxire exotismo, en

correspondencia co uso e coa connotación do adxectivo preto. A outra opción sería ibis negro.

cullereiro (ou cullereiro común) Platalea leucorodia

● Bibliografía ornitolóxica especializada. O castelanismo *espátula foi o primeiro nome

proposto por C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño, en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de

Galicia (4B e 5B); utilizouse na primeira guía de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A) e nalgunha

outra publicación ornitolóxica (2A, 4A e 11B). Cullereiro foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de

M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); este nome tamén se empregou nas seguintes

guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A; nesta última, cullereiro común) e

tense recollido ou empregado tamén noutras moitas publicacións (6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A,

15A, 16A, 17A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é colhereiro (2A, 4A, 10A, 11B,

1D e 2D).

● Nomes populares. É unha especie rara e non se lle coñecen denominacións populares galegas.

● Dicionarios consultados. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M.

Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, dá *espátula como sinónimo para cullereiro (este

dicionario recolle con frecuencia as primeiras denominacións que empregaron X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López). O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, achega a

entrada cullereiro (como galega e preferente), referida nunha das acepcións a esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, cullereiro e colhereiro fan referencia

á forma característica do seu bico, longo, rematado no cabo como unha culler.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa explican que é unha especie que non ten nome propiamente galego, e por iso

propoñen adoptar o nome cullereiro do portugués colhereiro (en portugués, colher, e en galego,

culler); *espátula é un castelanismo cando se usar para denominar esta ave (10B).

52

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!