19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada

cegoña, que nunha das acepcións define e identifica con C. ciconia; este dicionario tamén recolle a voz

cegoño, nunha das acepcións, para denominar o fillo da cegoña. No Gran Diccionario Xerais da Lingua

Galega (2000), de varios autores, aparecen as entradas cegoña (como galega e preferente), que

define identifica con C. ciconia, e cigoña (como propiamente galega mais non preferente), que remite

a cegoña.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Cegoña e cigoña son voces empregadas con

algunha frecuencia na litertura de autor. Así, por exemplo, Vicente Risco escribía en Mitteleuropa.

Impresións d'unha viaxe (1934): "...aparéceseme exótica e caricatural unha enorme cigoña no seu

niño" . Fuco G. Gómez, n' O idioma dos animás (1937): "...cuxos verdadeiros nomes iñoramos: a

cegoña, o pigarzo..." . Ou Florencio Delgado Gurrarán, en Galicia infinda (1963): "...do reco teixo, do

lobo e da cegoña..." . E tamén autores contemporáneos, como o poeta Miguel Marvoa, que escribe en

Voces da Limia (Poemas de Amor e de Loita) (2002): "E vin a cegoña erguer o vó / batendo as asas de

vagar".

● Etimoloxía / motivación semántica. Os termos cegoña ou cigoña veñen do latín ciconia. O

cualificativo branca fai referencia á cor da plumaxe (realmente é branca e tamén negra, mais branca

na maior parte).

cegoña negra Ciconia nigra

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Cigoña negra foi o primeiro nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño, en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

recolleuse nalgunha publicación ornitolóxica (2A). Cegoña negra foi proposto en 1991 e 1999 nos

traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse nas guías de aves de X.

M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) e tense recollido ou empregado tamén noutras moitas

publicacións (4A, 6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é cegonha-preta (2A, 4A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Algúns nomes xenéricos populares que tamén podería recibir esta especie

están apuntados na especie anterior, Ciconia ciconia.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas xenéricas xa apuntadas en C. ciconia. No Gran Diccionario

Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, ademais, especifica a subentrada cegoña negra

para Ciconia nigra.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase C. ciconia.

● Etimoloxía / motivación semántica. Os termos cegoña ou cigoña veñen do latín ciconia. O

cualificativo negra fai referencia á cor da plumaxe (realmente é negra e branca, mais a maior parte é

negra).

Familia Threskiornithidae

ibis preto Plegadis falcinellus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Mazarico mouro foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións (2A,

6A e 11A). Mazarico negro foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira (10B e

12B) e T. A. Vidal Figueroa (10B) e tense empregado con frecuencia en publicacións ornitolóxicas (4A,

8A, 10A, 12A, 13A, 14A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son maçaricopreto

(2A, 4A, 10A e 11B, íbis-preto (1D e 2D) e íbis-preta (3D).

● Nomes populares. É unha ave de moi rara aparición na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares.

● Dicionarios consultados. Non se atoparon, verdadeiramente, denominacións para esta especie

nos dicionarios consultados. A denominación mazarico está sempre referida ás aves do xénero

Numenius ou a outras especies limícolas. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo

Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparece a entrada xenérica ibis. O Dicionário

da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, tamén inclúe a entrada

51

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!