19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

na literatura oral e na de autor/a.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, os modificadores noiteira, da noite e

similares fan referencia aos seus hábitos ceprusculares. Non se atopou explicación clara para o nome

goraz non sendo que queira indicar que come peixe ou que come moito (goraz é tamén o nome

galego de peixes do xénero Pagellus, e buraz/vuraz éo para peixes do xénero Dentex, con variacións e

con cruzamentos nas denominacións; para estes nomes todos, en principio, a orixe estaría no latín

voracem, voraz). Para a etimoloxía de garza, véxase A. cinerea.

garza pequena Ixobrychus minutus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Garza pequena foi o nome proposto en 1977-1978

por C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén

o proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B);

utilizouse nas guías de aves de X. M. Penas patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras moitas publicacións ornitolóxicas

(2A, 4A, 6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 18A). En Portugal recibe os nomes de garçote e

garça-pequena (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D; o primeiro, con máis frecuencia).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para Ixobrychus minutus as denominacións

populares *manzaneta e *manzanilla nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia, Ourense

(9A). Algunhas denominacións galegas populares e xenéricas, que tamén se poderían aplicar a esta

especie, están apuntadas en Ardea cinerea.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparecen as denominacións xenéricas indicadas en Egretta garzetta. No Gran

Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, trae a entrada garza, que define de

maneira xenérica, especificando a subentrada garza pequena para Ixobrychus minutus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. En Ardea cinerea faise mención ao emprego de

garza na nosa literatura oral e na de autor/a.

● Etimoloxía / motivación semántica. Canto á motivación semántica, o modificador pequena e

seguramente tamén o nome garçote fan referencia ao seu tamaño, posto que é a máis pequena das

garzas europeas. Non se atopou unha explicación clara para *manzaneta ou *manzanilla; poderían

ser castelanismos, incorporados popularmente talvez por cruzamento ou confusión coas denominacións

gamarza e magarza (similares a garza) con que tamén se designa a planta Matricaria chamomilla (alén

de macela e o castelanismo manzanilla). Para a etimoloxía de garza, véxase A. cinerea.

Familia Ciconiidae

cegoña branca Ciconia ciconia

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Cigoña común foi o primeiro nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño, en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse na primeira guía de aves destes autores e recolleuse nunha publicación ornitolóxica (1A e

2A). Cegoña branca foi proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal

Figueroa (10B e 12B); este nome tamén se empregou nas seguintes guías de aves de X. M. Penas

Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e tense recollido ou

empregado tamén noutras moitas publicacións (6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 17A).

Nalgunhas publicacións ornitolóxicas, utilizouse ou recolleuse cegoña común (4A e 18A). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é cegonha-branca (2A, 4A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para Ciconia ciconia as denominacións

populares de cigoña, cegoña, garza e garza de verao na desaparecida lagoa de Antela, na Limia

(9A). C. Pedreira López et al. rexistraron tamén cigoña para C. ciconia no concello de Ames, A Coruña

(9B). O nome local de cigoña aparece recollido no Atlas de vertebrados de Galicia (7A).

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, trae as voces galegas cigoña, que identifica coa castelá cigüeña, e cegoña, que

remite a cigoña. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, dá para a voz castelá cigüeña as galegas cegoña e cigoña. No

50

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!