19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

indica que con frecuencia anda a comer os carrazos que pode haber na pel do gando. Para a etimoloxía

de garza, véxase A. cinerea.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Na nosa opinión,

garza mediana non é unha boa denominación para a especie, posto que existen moitas outras garzas

deste tamaño e, alén diso, pensamos que o trazo que mellor caracteriza a especie é o feito de andar

atrás do gado. Outra boa denominación galega para esta especie sería garza vaqueira, que é o nome

que se emprega no Brasil. Ten a mesma motivación semántica que boieira e dos bois, e alude máis á

nosa realidade. Por último, mencionarmos que recentemente se está a falar de Bubulcus coromandus

(antes se considerada subespecie de B. ibis), non presente na nosa xeografía, mais que e que en

galego ben podería recibir o nome de garza boieira oriental (ou garza vaqueira oriental).

garza caranguexeira Ardeola ralloides

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Garza marela foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

–garza marela ou garza amarela– nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou

utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 4A, 11A e 18A). Garza caranguexeira foi o

nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B);

tense utilizado en varias publicacións (8A, 12A, 13A e 16A). Nalgunha publicación recolleuse tamén o

nome de garza cangrexeira (10A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é paparatos

(2A, 4A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares galegas, salvante a xenérica.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparecen as denominacións xenéricas indicadas en Egretta garzetta e Ardea

cinerea. Ademais, no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo

Blanco, aparece a entrada papa-ratos definida como "ave pernalta da família dos ardeidas afin das

garzas e tamén coñecida por lavadeira" (a segunda non ten entrada propia). O Gran Diccionario Xerais

da Lingua Galega (2000), de varios autores, trae a entrada garza, que define de maneira xenérica,

especificando a subentrada garza amarela para Ardeola ralloides.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. En A. cinerea faise mención ao emprego de garza

na literatura oral e na de autor/a.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a significación das denominacións, o adxectivo

marela ou amarela fai referencia á súa cor; papa-ratos e caranguexeira, á súa alimentación. Para

a etimoloxía de garza, véxase A. cinerea.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Na nosa opinión,

garza amarela é unha denominación que pode levar á algunha confusión (con Bubulcus ibis ou con

especies doutras latitudes). Garza caranguexeira, aínda sen ser un trazo exclusivo da especie a

alimentación de caranguexos, parece poder asociarse a Ardeola ralloides máis eficazmente.

garza da noite Nycticorax nycticorax

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Garza denoiteira foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 4A, 11A, 18A e 11B). Nunha publicación utilizouse garza noiteira (6A). Garza da

noite foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

(10B e 12B); tense empregado en varias publicacións ornitolóxicas (8A, 12A, 13A, 15A e 16A).

Nalgunha publicación empregouse tamén garza de noite (10A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o

nome portugués é goraz (2A, 4A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Algunhas denominacións populares xenéricas, que tamén se poderían

aplicar a esta especie, están apuntadas en Ardea cinerea.

● Dicionarios consultados. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, alén das entradas xenéricas apuntadas en Ardea cinerea e Egretta garzetta,

recolle a entrada goraz para se referir, nunha das súas acepcións, a unha "ave pernalta da família dos

ardeidas mui rara na Galiza", que se podería tratar desta especie. No Gran Diccionario Xerais da Lingua

Galega (2000), de varios autores, trae a entrada garza, que define de maneira xenérica, especificando

a subentrada garza denoiteira para Nycticorax nycticorax.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Na A. cinerea faise mención ao emprego de garza

49

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!