19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

alínea para Egretta garzetta.

garzón branco Casmerodius albus (=Ardea alba ) (=Egretta alba)

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Garzota grande é o nome que aparece proposto en

1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (13A,

15A e 16A). Nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A) e nalgunhas

outras publicacións ornitolóxicas utilizouse garza branca (6A, 11A e 17A). Nalgunhas publicacións

ornitolóxicas galegas tamén aparece co nome de garza branca grande (10A, 12A e 14A). Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é garça-branca-grande (2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Aínda que hoxe empeza a ser máis frecuente, até hai ben pouco era unha

especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións populares galegas, agás a xenérica.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios consultados, aparecen as entradas apuntadas en

Ardea cinerea e Egretta garzetta, con denominacións que se poderían aplicar a esta especie de forma

xenérica.

● Etimoloxía / motivación semántica. O nome garzota é unha variante de garza; o modificador

branca fai referencia á cor da súa plumaxe, branca de todo, e grande alude ao seu tamaño en

comparación con E. garzetta, outra especie que tamén é totalmente branca, porén moito máis

pequena. Para a etimoloxía de garza, véxase A. cinerea.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Na nosa opinión, o

nome garzón branco é o que mellor describe e máis vantaxes ten para nomearnos Ardea alba. En

primeiro lugar é un nome transparente: garzón, que pertence ao acervo lingüístico galego e fai

referencia ao tamaño, grande, e branco fai referencia á plumaxe. Permite unha clara e rápida

oposición entre as dúas especies da nosa xeografía totalmente brancas: a garzota branca (Egretta

garzetta) fronte ao garzón branco (Casmerodius albus). Compárese co sistema de nomenclatura para

E. garzetta e C. albus formado por garza branca pequena e garza branca grande, máis longos, menos

específicos e con moita máis dificultade despois para nomearmos Egretta thula (garza branca pequena

americana?) ou Ardea modesta (garza branca grande oriental?). Para alén diso, o uso de garzón, que

significa garza grande, aumenta as posibilidades de denominacións no sistema e permítenos crear

nomes en galego claros e eficaces para outras especies da mesma familia de tamaño grande, como

garzón branco oriental para Ardea modesta (moi moi semellante a Ardea alba, ou Casmerodius albus);

garzón azul, para Ardea herodias; garzón Goliat, para Ardea goliath; ou garzón da Sumatra, para Ardea

sumatrana, por exemplo.

garza boieira Bubulcus ibis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Garza mediana foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

empregouse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou empregouse tamén

nalgunhas publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 17A e 18A). Garza boieira foi o nome proposto en 1991

e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado en

varias publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A, 16A e 14A). Nunha publicación utilizouse tamén

para esta especie o nome de garza dos bois (4A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses

son carraceiro e garça-boieira (2A, 4A, 11B, 1D, 2D e 3D; con máis frecuencia, o primeiro).

● Nomes populares. Até hai pouco era unha especie rara na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares galegas, non sendo a xenérica.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparecen as denominacións xenéricas indicadas en Egretta garzetta. Ademais,

no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, trae a entrada

garciote, que define como unha especie de garza coa plumaxe branca e que identifica coa garza

boieira (aínda que despois esta denominación non está especificada na entrada garza). O Gran

Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, especifica na entrada xenérica garza, a

subentrada garza dos bois para Bubulcus ibis.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. En Ardea cinerea faise mención ao emprego de

garza na literatura oral e na de autor/a.

● Etimoloxía / motivación semántica. Sobre a motivación semántica, a denominación boieira ou

dos bois fai referencia ao hábito desta especie de ir atrás do gado para papar os insectos que andan

na pel dos animais (ás veces, até pousa no lombo dos cuadrúpedes); do mesmo modo, carraceiro

48

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!