19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá para a

voz castelá garceta a galega garzota. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada garzota para se referir, nunha das acepcións,

especificamente a E. garzetta, e inclúe os sinónimos garza pequena, garzote, garceño e touro

galego (aínda que o último nome parece ter máis relación coas denominacións de Botaurus stellaris);

tamén aparece a entrada garceta, identificada especificamente nunha das acepcións con E. garzetta. O

Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da

editorial Galaxia, recolle garza albar, garza branca e garzota como sinónimos específicos para E.

garzetta. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada

garzota para se referir especificamente a E. garzetta.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. En Ardea cinerea faise mención ao emprego de

garza na literatura oral e na de autor/a. Por outro lado, Fuco G. Gómez emprega a voz garzota n' O

idioma dos animás (1937): "... antre eu, a anta, a avetarda, o ánser i a garzota..." .

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á orixe ou á motivación semántica, o nome

garzota pode ser unha mera variante ou un diminutivo de garza (é unha especie máis pequena que

Ardea cinerea e Ardea purpurea), ou mesmo ter un valor ponderativo e/ou intensificador; o modificador

branca fai referencia á cor da súa plumaxe, totalmente branca, e pequena alude ao seu tamaño en

comparación con Egretta alba, outra especie que tamén é totalmente branca, pero moito máis grande.

A denominación galiñela pode indicar un certo parecido entre esta garza e unha galiña. Para a

etimoloxía de garza, véxase A. cinerea.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa consideraron que garzota era un diminutivo aplicábel a calquera garza adulta ou

nova vista como pequena e que non se podería empregar como nome dunha especie en concreto, e

preferiron mellor a denominación de garza branca por se tratar dun adxectivo que caracterizaba ben a

especie, alén de se empregar na fala no Baixo Miño (10B). Porén, no seu segundo traballo M. A. Conde

Teira reconsiderou o nome garzota por ter sido empregado por outros autores (X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López) e por ter unha grande tradición en textos medievais ibéricos (12B). M. A. Conde Teira

explica que ademais o nome garzota permite formas binomiais na nomenclatura do xénero Egretta

(12B).

Por outro lado, o termo común engádeselle ao nome, normalmente, cando se está a falar ao

mesmo tempo doutras especies que teñen o mesmo nome xenérico, para así indicarmos que sen

dúbida nos estamos referindo a E. garzetta (e non a E. gularis ou a E. alba, por exemplo, se tamén se

citaren nese mesmo contexto).

Na nosa opinión, garzota branca é o nome máis curto e que mellor describe a especie Egretta

garzetta, coa vantaxe de poder dispor do nome xenérico garzota para crearmos un sistema de

nomenclatura co resto das especies do xénero Egretta. Así, garzota branca americana podería ser o

nome para Egretta thula (unha especie moi semellante, tamén branca); garzota dos arrecifes, para E.

gularis; garzota dimorfa, para E. dimorfa; garzota tricolor para E. tricolor; garzota sacra, para E. sacra;

garzota chinesa, para E. eulophotes; garzota vermella, para E. rufescens etc.

Canto a outros nomes, galiñela podería tratarse dunha confusión ou cruzamento co uso desta

denominación para a familia Rallidae, pois nun dos traballos lexicográficos que mencionamos

puntualmente, Frampas, contribución al diccionario gallego (Eligio Rivas Quintas, 2001), recóllese

igualmente galiñela como nome para "polla de río" en Porqueira (zona da Limia). Por último, o nome

touro galego apuntado no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995) parece unha

confusión coas denominacións de Botaurus stellaris.

garzota dos arrecifes Egretta gularis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Garzota dos arrecifes foi o nome proposto en 1999

no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nalgunha publicación ornitolóxica (13A). Noutras

publicacións utilizouse garza dimorfa (10A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

garça-negra (2A e 14A) e garça-dos-recifes (2A, 14A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza extremadamente accidental na Galiza e non se

lle coñecen denominacións populares, non sendo a xenérica.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios consultados, aparecen as entradas indicadas en

Ardea cinerea e Egretta garzetta, con denominacións que se poderían aplicar a esta especie de forma

xenérica.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da orixe ou da motivación semántica, o

modificador dos arrecifes fai referencia a un dos hábitats desta especie. O nome garzota pode ser

unha variante ou un diminutivo de garza (é unha especie máis pequena que Ardea cinerea e Ardea

purpurea); para a etimoloxía de garza, véxase A. cinerea.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Véxase esta mesma

47

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!