19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

estandarización dos nomes para Ardea cinerea e Ardea purpurea no contexto na ornitoloxía

especializada, sería preferíbel formar un pequeno sistema de nomenclatura con estas dúas especies.

Isto é: quer usarmos garza real para A. cinerea ao mesmo tempo que garza imperial para A.

purpurea, quer usarmos garza cincenta para A. cinerea ao mesmo tempo que garza vermella para A.

purpurea, de maneira que os dous nomes fixesen referencia á mesma característica: á cor (cincenta e

vermella) ou á vistosidade ou maxestade (real e imperial), e non un nome a cada cousa. Así os nomes

das dúas especies estarían relacionados e serían mellores de lembrar. A este respecto, na última e máis

elaborada proposta para as denominacións portuguesas, a Lista sistemática das aves de Portugal

Continental (Rafael Matias et al., 2007), os nomes para estas dúas especies foron garça-real e garçaimperial.

garza imperial Ardea purpurea

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Garza imperial foi o nome proposto en 1977-1978 por

C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse nas

guías de aves destes autores e noutras publicacións ornitolóxicas (1A, 4A, 5A, 6A, 11A e 22A); tamén

se recolleu noutras publicacións (2A, 10A, 18A e 11B). Garza vermella foi o nome proposto en 1991 e

1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figeroa (10B e 12B); tense empregado nalgunhas

publicacións galegas (12A, 13A, 15A e 16A); tamén se recolleu noutras publicacións de ámbito estatal

(8A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son garça-vermelha e garça-imperial

(2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Algunhas denominacións galegas populares e xenéricas, que tamén se

poderían aplicar a esta especie, están apuntadas na especie anterior, Ardea cinerea.

● Dicionarios consultados. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e

F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís

(1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as denominacións indicadas en Ardea cinerea e Egretta

garzetta. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, trae a entrada garza,

que define de maneira xenérica, especificando a subentrada garza imperial para Ardea purpurea.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. En A. cinerea faise mención ao emprego de garza

na literatura oral e na literatura de autor/a.

● Etimoloxía / motivación semántica. O motivo do modificador vermella ou vermelha é a cor

rubia, laranxa ou ocre tirando a vermella de boa parte da plumaxe deste paxaro; imperial engádese

algunha vez ao nome xenérico dunha ave para a identificarmos como especie, e ten relación cunha

certa beleza ou vistosidade na súa forma ou nas súas cores, ou cunha certa maxestade no xeito de

estas aves camiñaren, voaren ou de se moveren en xeral (nas denominacións galegas das aves

emprégase só para dúas especies: para esta, Ardea purpurea, e tamén para Aquila adalberti, que

recibe o nome de aguia imperial). Para a etimoloxía de garza, véxase A. cinerea.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. A respecto da

formación dun pequeno sistema de nomenclatura con A. cinerea e A. purpurea no contexto na

ornitoloxía especializada, véxase A. cinerea.

garzota branca Egretta garzetta

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Garza albar foi o primeiro nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño, en 1977, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B). En 1978,

igualmente na Lista patrón de aves de Galicia, na segunda parte (5B), os autores propuxeron no canto

do anterior o nome de garzota, que foi tamén a denominación proposta en 1999 no traballo de M. A.

Conde Teira (12B); este nome utilizouse ou recolleuse nas dúas guías de aves de X. M. Penas Patiño e

C. Pedreira López (1A e 5A) e noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 4A, 6A, 11A, 13A, 15A, 16A, 17A,

18A e 11B); na terceira guía de Penas e Pedreira, garzota común (22A). M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa propuxeron en 1991 garza branca (10B). Nalgunhas publicacións recolleuse ou

empregouse, para se referir a esta especie, garza branca común (8A, 10A, 12A e 14A). Na

bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son garça-branca e garça-branca-pequena (2A, 4A,

10A, 11B, 1D, 2D e 3D; con máis frecuencia o segundo).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou especificamente para Egretta garzetta a

denominación de galiñela nas terras da desaparecida lagoa de Antela, na Limia (9A). Nas terras da

Limia, o autor do presente traballo tamén ten escoitado garza branca para E. garzetta. Algunhas

denominacións populares xenéricas, que tamén se poderían aplicar a esta especie, apúntanse en Ardea

cinerea.

● Dicionarios consultados. O Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, identifica a voz galega garzota con garceta, ave zancuda. O Diccionario de usos

46

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!