19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

denominación desta especie co nome abetouro americano: que hai outra especie de abetouro tamén

americano, Botaurus pinnatus. Se quixésemos estabelecer un sistema de nomenclatura para as catro

especies do xénero Botaurus, deberiamos desbotar o modificador americano, pois non sería específico

nin eficaz. Ao noso modo de ver, unha boa proposta para o sistema, seguindo denominacións xa

existentes en portugués, sería abetouro común para Botaurus stellaris, abetouro lentixinoso para B.

lentiginosus, abetouro baio para B. pinnatus e abetouro australiano para B. poiciloptilus.

garza real Ardea cinerea

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Garza real foi o nome proposto en 1977-1978 por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño xa naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B) e igualmente

o proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); utilizouse ou recolleuse a miúdo nas

publicacións ornitolóxicas (1A, 2A, 4A, 5A, 6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A, 17A, 18A, 22A

e 11B). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran o nome de garza cincenta

(10B). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son maioritariamente garça-cinzenta e

garça-real (2A, 4A, 11B, 1D, 2D), e tamén garça-real-comúm (3D).

● Nomes populares. A respecto das denominacións populares galegas, A. Villarino Gómez

rexistrou para Ardea cinerea as de garza e garza de inverno nas terras da desaparecida lagoa de

Antela, en Ourense (9A); tamén na Limia, a esta especie hai quen lle chama garzota (escoitado por

min). C. Pedreira López et al. rexistraron para a especie a variante con seseo garsa (con e sen gheada)

no concello de Ames, A Coruña (9B). Por outra banda, no tocante xa ás denominacións xenéricas, F.

Fernández Rei rexistrou garza en Cariño; J. L. Couceiro Pérez, en Feás; M. J. Morandeira Lores, en

Laxe; I. Leis Casanova, en Sta. Eulalia de Dumbría; F. Varela González, en Santaia; J. López

Fernández, en Novefontes; R. Fraga García, en Melide; M. C. López Taboada, en Sobrado dos Monxes;

M. J. Pérez Alonso, en Goián; M. R. Álvarez Blanco, en Ramirás (3C). J. Rodríguez Cruz, garza en

Hermisende, de modo xenérico (13B). F. Bernis Madrazo rexistrou tamén o nome xenérico de garza en

moitas localidades de Lugo, A Coruña e Pontevedra (11B). G. Baamonde Traveso rexistrou a variante

garcia en Cedofeita (3C). Por outro lado, garza tamén se recolle no refraneiro popular galego (véxase

a alínea sobe o uso dos seus nomes na nosa literatura).

● Dicionarios consultados. O Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F.

Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá para a voz castelá garza a tamén galega garza. O

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, trae a entrada

garza, que define de maneira xenérica. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X.

M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle garcía, garza cinsenta, garza real e

garzón como sinónimos específicos para Ardea cinerea. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega

(2000), de varios autores, trae a entrada garza, que define de maneira xenérica, especificando a

denominación garza real para A. cinerea.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto á literatura popular, no refraneiro galego

recóllese de modo xenérico a voz garza e tamén garcia:

"Cando a garza vai para o mar, colle os bois e ponte a arar."

"Cando a garza vai para a terra, colle a brosa e fai a estela."

"Vai a garza para o monte? Colle os bois e lévaos á corte."

"Cando a garcia vai para riba, colle os bois e vente axiña. Cando a garcia vai para baixo, colle

os bois e vai arar."

Na literatura de autor/a, garza é un nome usado con moita frecuencia. Xa no século XIX, así o

empregaba Eduardo Pondal en Queixumes dos pinos (1886): "... no medio do vran só se ve pousada a

garza." Ou Aquilino Iglesia Alvariño en Señardá. Sonetos (1930): "Bate ora as aas, garza amorosa, e

alza o voo par'a calva penedía...".

Para alén do devandito, na Egretta garzetta faise unha referencia ao emprego de garzota na

nosa literatura.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á orixe do termo xenérico, F. Bernis Madrazo

explica que tanto garça como garza aparecen nos textos medievais casteláns e portugueses, e que

segundo Corominas puido derivar xa dun nome prerromance similar; en Italia, por exemplo, apareceu

despois que en Iberia (11B). Os modificadores cincenta, cinsenta ou cinzenta están motivados pola

cor maioritaria da plumaxe desta especie, case toda ela dun gris como o da cinza. O nome garzota

pode ser unha mera variante de garza, ou talvez estea connotado de modo ponderativo e/ou

intensificador, ou talvez despectivamente; garzón é probabelmente indicativo de tamaño grande. Real

é un cualificativo engadido ao nome xenérico de moitas aves para as identificarmos como especies, e

ás veces ten relación cunha certa beleza ou vistosidade na súa forma ou nas súas cores, ás veces

cunha certa maxestade no xeito de camiñaren, de voaren ou de se moveren en xeral.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Do punto de vista da

45

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!