19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie as denominacións populares

de brullón e bruión nas terras da desaparecida lagoa de Antela, en Ourense (9A). X. M. Penas Patiño

e C. Pedreira López tamén apuntan o nome de boi (1A). Esta denominación está así mesmo recollida

pola SGHN (7A) e por F. Bernis Madrazo (11B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a voz galega boi, nunha das acepcións, identificada coa voz castelá ave toro.

No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da

editorial Akal, na entrada castelá ave faise referencia a unha ave pernalta chamada boi. No Dicionário

da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen as entradas: boi,

nunha das acepcións, definido como "ave pernalta, semellante à garza, de cor leonada con pintas

pardas, cabeza negra e asas con manchas transversais negruscas"; galiñola real (como subentrada

dentro de galiñola), que define como "ave pernalta, rara na Galiza, que na época de celo produz un son

semellante ao do touro" e identifica con Botaurus stellaris e cos sinónimos abetoura (que despois non

ten entrada propia) e ronca (que despois ten entrada, mais non recolle esta acepción); ademais, na

entrada garzota, identificada con outra especie pernalta, Egretta garzetta, inclúe o sinónimo touro

galego, que tamén podería ter relación con B. stellaris. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de

M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle boi como sinónimo de

avetouro (B. stellaris), escrito con “v”. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios

autores, aparece a entrada abetouro identificada con B. stellaris.

● Etimoloxía / motivación semántica. Esta ave emite un canto característico, unha especie de

uu-buuu, que semella un touro que brúa ou múa. Semanticamente, case todas as denominacións teñen

a ver con este feito: de aí os nomes de boi, abetouro e similares, ou tamén ronca, bruión e brullón,

relacionados con bruar ou brullar, facendo referencia á característica voz deste paxaro. A denominación

galiñola real pode ser debida a algún parecido cunha pita ou cunha galiñola (Scolopax rusticola ou

especies da familia Rallidae), co modificador real por causa da beleza da súa plumaxe e dos seus

movementos.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa explican que malia ser unha ave moi rara na Galiza, xa na Idade Media se lle atribuía

o nome betouro (Cantigas de Santa María), tomado do francés butor. No portugués de hoxe a forma

empregada tamén é abetouro, con "a" inicial, talvez por cruzamento con ave, o mesmo que en

castelán. Os autores comentan que é lexítimo acoller esta forma viva do portugués, ademais coherente

coa tradición medieval (10B). Por outro lado, o termo común engádeselle ao nome, normalmente, só

nos contextos en que se está a falar tamén doutras especies que teñen o mesmo nome xenérico, aínda

que non se observaren con frecuencia na nosa xeografía, para diferenciala delas.

Resulta ben estraña a denominación galiñola real para Boturus stellaris apuntada no

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), que non se recolleu en ningunha outra fonte;

talvez haxa algunha confusión ao respecto. A pesar de que galiñela é un nome moi parecido que se

rexistra en galego para outra especie da familia Ardeidae, Egretta garzetta (véxase esta especie),

tamén neste caso podería tratarse dunha confusión ou cruzamento co uso desta denominación para a

familia Rallidae, pois nun traballo lexicográfico que mencionamos puntualmente, Frampas, contribución

al diccionario gallego (Eligio Rivas Quintas, 2001), recóllese galiñela como nome para "polla de río" en

Porqueira (zona da Limia, Ourense).

abetouro lentixinoso Botaurus lentiginosus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Abetouro americano foi o nome proposto en 1999

por M. A. Conde Teira para esta rara especie divagante (12B); utilizárase xa na segunda guía de aves

de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A) e alén diso tense empregado ou recollido noutras

publicacións ornitolóxicas (10A, 12A, 13A, 14A, 16A e 22A). Nunha publicación empregouse o nome de

boi americano (4A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é abetouro-lentiginoso e

abetouro-americano (2A, 1D e 3D).

● Nomes populares. Esta especie chega algunha vez á Galiza como divagante de América, é

dicir, a súa presenza é extremadamente accidental e por tanto non se lle coñecen denominacións

populares galegas, agás a xenérica.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios consultados aparecen as denominacións xenéricas

apuntadas na especie anterior.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, o modificador americano fai referencia

ao continente onde vive (a Europa chega algún, moi de cando en vez); lentixinoso quere dicir que ten

lentixes ou lentixas, pintas, polo corpo. A respecto da motivación semántica de abetouro, véxase

Botaurus stellaris.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. A nosa proposta é

abetouro lentixinoso para Botaurus lentiginosus, porque na nosa opinión existe un problema para a

44

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!