19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

● Etimoloxía / motivación semántica. O termo pelicano ten a súa orixe no latín pelicanus e no

grego pelekán.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. No tocante ao seu

nome estándar, M. A. Conde Teira remarca que a acentuación grave (pelicano) é a etimolóxica (12B).

A estandarización de pelicano branco como nome galego para Pelecanus onocrotalus lévanos

ao uso do nome pelicano branco americano para Pelecanus erythrorhynchos, do mesmo modo que con

frecuencia acontece noutras linguas. Canto ás outras especies de pelicanos do planeta, formando un

sistema de nomenclatura cos dous nomes anteriores, podemos empregar en galego pelicano rosado

para Pelecanus rufescens, pelicano gris para Pelecanus philippensis, pelicano crespo para Pelecanus

crispus, pelicano australiano para Pelecanus conspicillatus, pelicano pardo para Pelecanus occidentalis e

pelicano do Perú para Pelecanus thagus.

Familia Fregatidae

rabiforcado magnífico Fregata magnificens

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Rabiforcado foi a denominación proposta en 1999 por

M. A. Conde Teira (12B). Empregouse nalgunha publicación ornitolóxica (13A). Nunha publicación,

rabiforcado grande (4A). Na segunda guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López e

noutras publicacións empregouse ou recolleuse fragata (5A, 10A, 12A e 14A); na terceira guía dos

devanditos autores, fragata magnífica (22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son

rabiforcado e fragata (4A, 11B e 1D).

● Nomes populares. É unha ave que chega algunha vez desde América, quere dicir, de presenza

extremadamente accidental na Galiza. M. A. Conde Teira apunta, non obstante, que rabiforcado é un

nome coñecido de vello por mariñeiros portugueses e españois (12B). F. Bernis Madrazo comenta que

no Brasil tamén recibe, ademais do nome rabiforcado, o de rabo forcado (11B).

● Dicionarios consultados. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece o termo *alcatraz definido equivocadamente como Fregata

magnificens (e tamén este vocábulo, alcatraz, como sinónimo doutra ave mariña, o mascato, Morus

bassana, na mesma entrada, neste caso si que de modo correcto).

● Etimoloxía / motivación semántica. A denominación rabiforcado fai referencia á forma que

ten o rabo deste paxaro, de forca ou forcada, con dúas gallas. Fragata probabelmente ten relación con

"fragata", antigo navío de guerra a vela, que deriva do italiano fregata (habería unha semellanza entre

as grandes velas do navío e as grandes ás desta ave). Magnífica e magnífico están en relación co

latín magnificens e alude ao seu enorme tamaño (atinxe 2,1 m de envergadura).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. O modificador

magnífico engádese para diferenciarmos esta especie doutras que non se presentan nas nosas

latitudes, tamén do xénero Fregata, coas que ten de formar un sistema de nomenclatura. Por exemplo,

rabiforcado da illa Christmas, para Fregata andrewsi; rabiforcado pequeno, para Fregata ariel etc.

Familia Ardeidae

abetouro (ou abetouro común) Botaurus stellaris

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Boi foi o primeiro nome proposto por C. Pedreira López

e X. M. Penas Patiño, en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse ou

recolleuse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (2A, 4A e 18A). Abetouro foi o nome proposto en 1991

e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse nas guías de

aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse ou empregouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas, tanto no ámbito galego como no

estatal (8A, 10A, 6A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 17A; en dúas, grafado con "v"; nalgunha,

abetouro común). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é ronca, abetouro-comum ou

abetouro (2A, 4A, 10A, 1D, 2D e 3D; con máis frecuencia, abetouro-comum).

43

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!