19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

nunha das acepcións identifica con aves mariñas mais coñecidas por corvo ou corvo-mariño, o P.

aristotelis, ou corvo-mariño ou lavanco, o P. carbo; e tamén a entrada lavanco, con que identifica

as dúas especies, P. carbo, onde especifica que é máis coñecido por corvo, e P. aristotelis, onde

especifica que tamén se lle chama alavanco. (Lavanco e alavanco son dúas denominacións utilizadas

para a especie de pato bravo máis común, Anas platyrhynchos, e así tamén está recollido neste

dicionario.) O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, recolle as voces

xenéricas xa apuntadas en P. carbo, e ademais a voz carolo (como galega e preferente) para se referir

especificamente a P. aristotelis (aínda que esta voz é atribuída por moitos autores a outra ave mariña,

Alca torda); por outra banda, rexeita a voz xenérica cormorán (remite a corvo mariño).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. No refraneiro mariñeiro, rexístranse as voces

corvo, corvomar, corvo do mar, corvo marín e corvo mariño:

"A ida do corvo marín, marchou e non ten fin."

"Os corvos do mar na terra, mariñeiro vente en vela!"

"Corvomar nas areas, borrasca venta."

"Corvos mariños na praia, sinal de vento e auga."

"Corvos á barra, Cedeira mollada."

"Corvos na barra, chuvia na praia."

"Corvos na area, chuvia en Cedeira."

Canto á literatura de autor/a, corvo mariño é unha voz que tamén se ten empregado con

algunha frecuencia. Por exemplo, aparece en Versos de alleas terras e de tempos idos (1955), de

Ramón Cabanillas: "Somentes as gaivotas de gridos despracentes e o mouro, agoirador corvo

mariño". Na obra O señorito da Reboraina (1960), de Ramón Otero Pedrayo: "Considera, corvo

mariño do mar, que en ti e en min pode...". Ou en Nadador (1995), de Xavier Rodríguez Baixeras:

"Como o corvo mariño, esperei polo sol".

● Etimoloxía / motivación semántica. En relación coa semántica, Ríos Panisse explica que as

denominacións alavanco, pato, pata, pata mariña ou similares se deberán a confusións ou a

aplicacións incorrectas dos nomes, pois se lle está a chamar a esta especie con nomes de pato, co que

pode ter algún parecido; a denominación canilonga está relacionada con cana, seguramente polo seu

longo pescozo que semella unha cana; coca é unha figura lendaria con forma de cobra, e seguramente

ten este nome porque o seu pescozo longo fai pensar neses réptiles; as denominacións relativas a

corvo fan referencia á súa cor negra e lustrosa, que pode lembrar un corvo continental; a

denominación chíscala é de orixe onomatopeica, relacionada con chiscar, polo ruído que fai a ave ao

se mergullar na auga para pescar; a denominación mergo é por aplicación dun nome ben máis propio

doutras aves acuáticas tamén mergulladoras (xénero Mergus) coas que ten algún parecido; a

denominación galo mariño está relacionada coa capela ou crista que ten caracteristicamente a ave na

época reprodutora; perico zambullo é unha denominación retranqueira referida á súa mobilidade, que

fai lembrar un perico, un carneiro, e zambullo está relacionado cos seus hábitos mergulladores (7B).

Na nosa opinión, zambullo pode estar relacionado co seu significado galego, toco, manco, que lle falta

un brazo; realmente á ave non lle falta nada, ten as dúas ás e mais as dúas patas, no entanto dá a

impresión, ao camiñar, coma se andase coxa ou lle faltase un membro. Daquela perico zambullo non

se consideraría un castelanismo, senón unha denominación galega moi enxebre. Non se atopou unha

clara explicación para a denominación portuguesa galheta.

Familia Pelecanidae

pelicano branco Pelecanus onocrotalus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pelicano branco foi o nome proposto en 1991 e 1999

nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse na segunda guía de

aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras

publicacións ornitolóxicas (10A, 13A e 14A; nalgunha, acentuado no "i"). Na bibliografía ornitolóxica, os

nomes portugueses son pelicano-branco e pelicano-vulgar (2A, 1D, 2D e 3D; a primeira, con máis

frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie de presenza accidental na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares, agás a xenérica.

● Dicionarios consultados. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e

F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparece a voz castelá pelícano identificada coa galega

pelicano. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

aparece pelicano, nunha das acepcións referida a estas aves acuáticas. No Gran Diccionario Xerais da

Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece pelícano, con acento esdrúxulo (como voz galega e

preferente), definida e identificada con Pelicanus onocrotalus.

42

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!