19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

faceiras e nas coxas, que o distinguen da outra especie, Phalacrocorax aristotelis, que é completamente

negra (7B). Alén diso, real é un cualificativo engadido ao nome xenérico de moitas aves para as

identificar como especies, que ás veces ten relación con certa beleza ou vistosidade na forma ou nas

cores, ás veces con certa maxestade no aspecto. No texto referido a P. aristotelis, a especie que vén a

seguir, achéganse explicacións semánticas sobre algunhas outras denominacións tamén aplicadas a P.

carbo.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Se ben que lavanco e

alavanco están recollidas no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995) para P.

aristotelis, son dúas denominacións utilizadas tamén para a especie de pato bravo máis común, Anas

platyrhynchos, e así mesmo está recollido neste dicionario. Nesta mesma liña, Ríos Panisse apunta que

alavanco é denominación propia de pato, que se aplica popularmente a P. carbo porque se lle atopa

algún parecido.

Posibelmente as denominacións carolo, arau e boto sexan antes ben confusións ou estean mal

identificadas, pois corresponden propiamente a aves mariñas da familia Alcidae. Con todo, alén dunha

posíbel confusión da persoa informante ou da fonte, cabería a posibilidade tamén que localmente se

usen para designar Phalacrocorax carbo. De modo similar, mergo pode tratarse dunha confusión e

estar facendo referencia ás especies do xénero Mergus.

corvo mariño cristado Phalacrocorax aristotelis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Corvo mariño cristado foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978 na Lista patrón de aves de Galicia, e así mesmo en

1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B). Utilizouse nas guías

de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia

(7A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras moitas publicacións ornitolóxicas, tanto no ámbito galego

como no estatal (2A, 4A, 6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A, 17A e 18A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son galheta e corvo-marinho-de-crista (2A, 4A, 10A, 1D, 2D e

3D; o primeiro, con máis frecuencia).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou voces vivas no galego falado e recolleu varias

referencias que designan especificamente a Phalacrocorax aristotelis: alavanco, en Portosín e Aguiño;

canilonca, en Mogor; canilonga (escrito con "j" para marcar a gheada), na Guarda; coca, en

Mugardos, Cariño, Bares, Espasante e Ares; corva, en Abelleira; corvaraxo, en Rinlo; corvo, en

Panxón, Cangas, Laxe, Vilanova de Arousa, Carril, Ézaro, Malpica, Ribeira e Caminha; corvo de mar,

en Malpica; *corvo de pescozo largo (en correcto galego, corvo de pescozo longo), escrito con "s"

e "j" para indicar o seseo e a gheada, en Cangas; corvo do mar, en Escarabote, Aguño, Panxón e

Cesantes; corvo do mare, en Malpica; corvo *marino, no Grove, Laxe, Muxía, Corme, Mera,

Cambados, Ares, Portosín, Noia e Rianxo; corvo mariño, en Camariñas, Caión, Sardiñeiro, Bueu (e

referenciado por outros autores); o castelanismo *cuerva, en Sada e Miño; chíscala, en Cedeira; galo

mariño, escrito con "j" para marcar a gheada, en Bueu; pata, en Foz, Muros, Viveiro, Burela e Lira;

patarroxa, en Cesantes; patamaría, nas Figueiras e Ribadeo; patamariña, en San Cibrao; pato, en

Ares; perico zambullo, en Pontedeume, e sichapata, en Lira (7B). Ademais, Ríos Panisse recolle

outras referencias cos nomes de canilonga, corvo, corvo do mar, corvo mareiro, corvo

mariñeiro, corvo mariño, lavanco e mergo, que, aínda sen estar referidos a unha especie concreta,

posibelmente, segundo o criterio da autora, fagan referencia a Phalacrocorax aristotelis (7B). F.

Fernández Rei rexistrou a voz coca en Cariño e M. Felpeto Lagoa en Ares para se referir a esta especie

(3C).

Por outra banda, no que respecta aos nomes xenéricos, X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López

recollen galo mariño, bogueta, bucearoque, carolo, coca e perico zambullo (1A). F. Bernis

Madrazo rexistrou os nomes xenéricos de carolo, na provincia de Pontevedra, e pata, en Viveiro;

ademais cita a Ríos Naceyro (1850), que recolle corvo mariño, e L. Iglesias (1927 e 1954), que recolle

carolo (11B). (Posibelmente carolo estea mal identificada ou sexa unha confusión, pois corresponde a

aves mariñas da familia dos alcídeos). M. C. Alonso Pérez rexistrou corvo en Escarabote e M. J.

Morandeira Lores en Laxe referido a Phalacrocorax (3C). F. Fernández Rei rexistrou o castelanismo

cormorán en Cariño e M. J. Pérez Alonso en Goián (3C). Por outro lado, no refraneiro popular galego

rexístranse as voces corvo, corvomar, corvo do mar, corvo marín e corvo mariño (véxase a alínea

sobre o uso dos seus nomes na nosa literatura).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Phalacrocorax

carbo. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparecen

as entradas xenéricas apuntadas en P. carbo e ademais canilonga, que define e identifica co sinónimo

corvo mariño (que non ten subentrada propia) e especificamente con P. aristotelis; alavanco, que

41

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!