19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Eduardo Pondal emprégao n’Os Eoas (rematado aproximadamente no ano 1914): "Palmípedas de voxo

rumorosas, / De pico delongado e pé palmento / E alcatraces que voan agrupados / ...". Mercedes

Queixas tamén emprega alcatraz na tradución para o galego dos versos da poeta cubana Nancy

Morejón (2008): "Mais non esquezo o primeiro alcatraz que divisei."

● Etimoloxía / motivación semántica. Do punto de vista semántico, M. C. Ríos Panisse explica

que non coñece de certo a orixe do nome mascato, mais en catalán a mesma ave recibe o nome de

mascarell, de modo que talvez estea relacionado con máscara, por un antefaz negro que ten a especie;

ademais apunta que parece que provén do termo vasco maskaro, que nunha das súas acepcións

significa "que ten pintas perto do ollo" (7B). Na nosa opinión, é claro que mascato está relacionado

con mascarado, que trae máscara, polo aspecto da face desta ave.

A respecto da etimoloxía de alcatraz, uns autores opinan que xurdiu de "albatros" e outros que

a voz "albatros" xurdiu de "alcatraz" (ambas as dúas voces designan aves mariñas planadoras; véxase

Diomedea melanophris); sexa como for, o que si que parece claro é que os dous nomes están

relacionados na súa orixe. J. Corominas opina que alcatraz vén probabelmente do árabe gattas (ou al

gattas) especie de aguia mariña; no s. XVI está documentado o inglés algatross e no s. XVIII o francés

algatroz; a troca do "g" polo "c" podería explicarse por etimoloxía popular, coa asociación entre a ave e

un arcaduz ─tanto en galego como en portugués "alcatruz"─ polo costume de sacar auga no seu papo,

e da asociación con "alcatruz" modificaríase e sairía o actual alcatraz.

Non se encontrou unha explicación esclarecedora para a denominación cala.

atobá pardo Sula leucogaster

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Mascato pardo foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B). Noutra publicación utilizouse mascato tropical (22A, unha das

guías de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

alcatraz-pardo (2D e 3D), aínda que no ámbito do Brasil emprégase para esta especie o nome atobápardo.

● Nomes populares. É unha especie de ocorrencia rara ou accidental na Galiza e non se teñen

rexistrado denominacións populares, non sendo a xenérica.

● Dicionarios consultados. Non se atoparon nomes para esta especie.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de mascato na nosa literatura,

véxase Morus bassanus (Sula bassana).

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da motivación semántica de mascato, véxase

Morus bassanus. Non se atopou unha explicación clara para atobá ou tobá, que son nomes populares

brasileiros con que se designan algunhas especies tropicais do xénero Sula. Canto aos modificadores,

pardo fai referencia á coloración da plumaxe e tropical á área orixinaria de distribución da especie.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Dos dous

modificadores galegos empregados, tropical non é tan específico (nas zonas tropicais hai varias

especies de mascatos), en tanto que pardo resulta inconfundíbel é moi ben definidor aplicado a S.

leucogaster. Por outro lado, o criterio de semellanza co portugués faría preferíbel tamén a escolla de

pardo.

Como novidade tamén do presente traballo, propomos a diferenciación entre as tres especies

do xénero Morus, moi semellantes entre elas, e as especies propiamente do xénero Sula. Para as

especies do xénero Morus, temos caracteristicamente en galego o termo mascato, con que podemos

construír, por exemplo, mascato común (Morus bassanus), mascato do Cabo (Morus capensis) e

mascato australiano (Morus serrator), todas tres, como apuntamos, moi semellantes fisicamente. Do

punto de vista da ornitoloxía especializada é interesante, é eficaz e é xeitoso denominarmos as

especies do xénero Sula, una algo diferentes fisicamente das tres anteriores, co nome atobá (como

tamén noutras linguas se diferencian estes dous xéneros) e así, por exemplo, poder falar en galego do

atobá pardo (Sula leucogaster), do atobá de Abbott (Papasula abbotti), do atobá de pés azuis (Sula

nebouxii), do atobá do Perú (Sula variegata), do atobá mascarado (Sula dactylatra), do atobá de Nazca

(Sula granti), do atobá de pés vermellos (Sula sula) e do extinto atobá da Tasmania (Sula tasmani).

Alcatraz, do mesmo modo que en portugués, pode ser sinónimo en galego de todas as especies, tanto

das do xénero Morus (mascatos) como as do xénero Sula (atobás).

39

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!