19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Familia Sulidae

mascato (ou mascato común) Morus bassanus (=Sula bassana)

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Mascato foi o nome proposto por C. Pedreira López e

X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia, e igualmente en 1991 e

1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse ou recolleuse nas

guías de aves de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño (1A, 5A e 22A) e notras moitas publicacións

ornitolóxicas, tanto no ámbito galego como no estatal (2A, 4A, 6A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A,

17A e 18A; nalgunhas, mascato común). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é alcatraz,

ganso-patola e alcatraz do Norte / alcatraz-do-norte (2A, 4A, 5A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D; o

último, con máis frecuencia).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou as seguintes voces vivas no galego falado para

se referir a Morus bassanus: mascato, en Bares, San Cibrao, Cambados, Vilanova de Arousa,

Escarabote, Sada, Muxía, Camariñas, Caión, Mera, Pontedeume, Mogor, Ézaro, Cangas, Cesantes, Noia,

Sardiñeiro, Lira, Abelleira, Rianxo, Carril, Portosín, Mugardos, Muros, Bueu, Bouzas, Panxón, Ribeira, O

Grove, Cedeira, Cariño, Espasante, Bares, Aguiño, Viveiro, Laxe, Portonovo, Ares, Miño e Rinlo;

masgato (escrito con "j" para marcar a gheada), en Malpica e Corme; e mazcato, en Foz, Burela, As

Figueiras e Ribadeo (7B). F. Bernis Madrazo tamén recolleu para esta especie a denominación galega

de mascato (11B). Igualmente, F. Fernández Rei rexistrou mascato no galego de Cariño; M. Felpeto

Lagoa, no galego de Ares; M. C. Alonso Pérez, no galego de Escarabote; M. C. Enríquez Salido, no

galego do Grove; A. Pérez Cid, no galego de Marín (3C). J. S. Crespo Pozo recolle como nome galego

mascato, que define como pato marino, e apunta a localidade de Portosín (12G). Os pescadores

portugueses empregan tamén a voz mascato para se referiren aos individuos novos desta especie, e

nalgúns lugares tamén aos adultos (1D). Por outro lado, no refraneiro galego emprégase a

denominación mascato (véxase alínea sobre o uso dos seus nomes na nosa literatura) e na fraseoloxía

popular galega existe mesmo unha expresión, "papar coma [ou como] un mascato", que significa

comer moito: "papou sardiñas coma un mascato" etc.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a entrada mascato definida nunha das súas acepcións como ave mariña case

o dobre de grande que a gaivota. No Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F.

Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, aparece a voz castelá alcatraz identificada coa galega

alcatraz; na entrada castelá gaviota inclúe a voz mascato para denominar unha ave semellante á

gaivota, pero moito maior. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial

Sotelo Blanco, trae a voz mascato para se referir a esta especie e inclúe o sinónimo alcatraz (mais na

entrada alcatraz identifica este nome con outra ave mariña, accidental na Galiza, Fregata

magnificens). O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, recolle cala como sinónimo de mascato (Sula bassana). No Gran

Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada mascato (como

galega e preferente) para se referir a esta especie e tamén mazcato (como galega, mais non

preferente), que remite a mascato.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Na peremioloxía mariñeira emprégase con

frecuencia o nome mascato (e tamén mazcato):

"Pola Santa Lucía, mascatos na badía."

"Se ves mascatos voar, busca a sardiña no mar."

"Se o mascato ves voar e tirar, vai alí pescar."

"Cando chapuza o mazcato, xa se relambe o gato."

"Mascatos á terra, mariñeiros á merda."

"Mascatos polas hortas, mariñeiros polas corredoiras."

"Mascatos polos penedos, borrasca de medo."

"Mascatos voando polas leiras, mariñeiros polas tabernas."

Canto á literatura de autor/a, tamén está recollido con frecuencia o nome mascato. Así, por

exemplo, Eduardo Blanco Amor emprégao xa no ano 1931, en Poema en catro tempos para un

pescador galego: "¡Eis o mar! ¡Ouh o mar! ¡Deuse mascato!". Igualmente, Antón Zapata García n' A

roseira de soidade (1953): "Un que outro mascato guíndase dende as outuras...". Ou Bernardiño

Graña, en Sima-cima do voar do tolo (1984): "Voume poñer como un mascato ergueito".

Por outro lado, tamén é posíbel encontrarmos o nome alcatraz en textos literarios en galego.

38

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!