19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

tamén empregadas para esta especie, pois son moi semellantes.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a entrada xenérica paíño. No Dicionário da língua galega de I. Alonso

Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece as entradas paiño, que nunha das acepcións define

e identifica con O. leucorhoa e co sinónimo cabaciña (mais que despois identifica con outra ave mariña

diferente, A. alle ou P. alle, da familia dos alcídeos) e co sinónimo alma-de-mestre (mais que despois

no ten entrada propia); e aceiteira, que nunha das acepcións identifica con paiño, H. pelagicus e O.

leucorhoa. No Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente

(1997), da editorial Galaxia, recóllense paíño gallado e pao da graxa como denominacións para O.

leucorhoa. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a entrada

paíño (como galega e preferente), que define de foma xenérica, e identifica a denominación paíño

gallado especificamente con O. leucorhoa.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego de paíño na nosa literatura,

véxase H. pelagicus.

● Etimoloxía / motivación semántica. No que atinxe á semántica, H. Costa et al. explican que o

nome alma-de-mestre ten orixe na lenda segundo a cal as almas dos mestres mariñeiros, falecidos no

mar, reencarcanarían nestas pequenas aves de plumaxe escura, negra ou case negra, que teñen por

costume seguir os barcos de pesca (1D). Por outro lado, os modificadores de rabo gallado, decauda-forcada

etc. fan referencia á forma do seu rabo. O modificador de Leach alude ao zoólogo

inglés William Elford Leach (1790-1836), que comprou un exemplar desta especie para o British

Museum. Para a semántica de pao, paíño, aceiteira e da graxa véxase H. pelagicus.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Cabaciño ou

cabaciña son denominacións populares moi inespecíficas, que se usan para designar especies de

paxaros ben diferentes, caracteristicamente de tamaño pequeneiro e que flotan na auga. Rexístrase

como nome para o mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis), aínda que se cadrar pode referirse

tamén a outros mergullóns, e tamén para unha especia da familia dos alcídeos, Alle alle. Como

acabamos de ver, no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995) recóllese ademais como

nome para unha especie de paíño (Oceanodroma leucorhoa); talvez neste caso sexa unha confusión ou

erro na identificación, pois chama a atención que en ningunha outra fonte se recolla esta asignación nin

para O. leucorhoa nin para outras especies de paíños.

Por outro lado, na nosa opinión, non acaba de se de todo acaído o modificador de rabo

gallado, porque non é un trazo específico, xa que outras especies de paíños tamén teñen o rabo

gallado: Oceanodroma castro, Oceanodroma furcata, Oceanodroma markhami, Oceanodroma tethys

etc. Por este motivo é que optamos mellor polo modificador de Leach para esta especie, presente

tamén noutras linguas para a denominación de O. lecorhoa.

Familia Phaetontidae

rabixunco de bico vermello Phaeton aethereus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Trátase dunha especie de recente avistamento e non se

ten proposto até agora unha denominación no ámbito da ornitoloxía especializada galega. Na

bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é rabijunco (3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza moi rara nas nosas costas; non se lle coñecen

nomes populares.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios consultados non se atoparon denominacións para

esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. O nome rabixunco fai referencia ao característico rabo

longo desta especie, que parece un xunco, e o modificador de bico vermello fai referencia á

chamativa tonalidade vermella do seu bico.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. No ámbito lusófono

existe tamén a denominación rabo-de-palha, que se pode usar perfectamente en galego, rabo de

palla, para as tres especies do xénero Phaeton. É un nome xenérico ben suxestivo, mais ten o

problema de que para formarmos as denominacións de cada unha das tres especies resulta un chisco

longo de máis, en tanto que rabixunco permite formar de modo algo máis curto os nomes rabixunco

de bico vermello (Phaeton aethereus), rabixunco de rabo vermello (Phaeton rubricauda) e rabixunco

de bico amarelo (Phaeton lepturus). Rabo de palla de rabo vermello, por exemplo, alén de algo longo,

soaría tamén redundante.

37

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!