19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

e O. leucorhoa. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece a

entrada paíño (como galega e preferente), que define de foma xenérica, identifica ademais a

denominación paíño patiamarelo con Oceanites oceanicus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego de paíño na nosa literatura,

véxase H. pelagicus.

● Etimoloxía / motivación semántica. No que atinxe á motivación semántica, o modificador

patiamarelo fai referencia ao ton amarelado dos pés deste paxaro (verdadeiramente é nos pés, non

nas patas). O modificador de Wilson alude ao naturalista, ornitólogo e poeta escocés-estadounidense

Alexander Wilson (1766-1813). A denominación portuguesa casquilho significa almofadiña, ou tamén

vestido con elegancia, moi enfeitado, efeminado; calquera das dúas podería estar relacionada co

aspecto deste paxaro. Para a semántica de paíño véxase H. pelagicus.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. O pés amarelados é un

trazo moi pouco conspicuo. Por este motivo é que preferimos mellor o modificador de Wilson para esta

especie, presente tamén noutras linguas para a denominación de O. oceanicus.

paíño da Madeira Oceanodroma castro

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Paíño *chuchagrasas foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse na primeira guía de aves destes autores (1A) e recolleuse nalgunha publicación ornitolóxica

de ámbito estatal (2A e 18A); outros nomes moi semellantes, paíño chuchagraxa e paíño

chuchagraxas, xa en correcto galego, utilizáronse na segunda e na terceira guía destes autores e

noutras publicacións (4A, 5A, 11A e 22A). Paíño da Madeira foi a denominación proposta en 1991 e

1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse nunha publicación

ornitolóxica galega (13A). Noutras publicacións utilizouse ou recolleuse paíño madeirense (8A, 10A,

12A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son roquinho e painho-da-Madeira

(2A, 1D, 2D e 3D; o primeiro, con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie moi rara nas costas galegas e non se lle coñecen

denominacións populares, agás as xenéricas (véxase H. pelagicus).

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas xa apuntadas en H. pelagicus,

O. oceanicus e O. leucorhoa.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Canto ao emprego de paíño na nosa literatura,

véxase H. pelagicus.

● Etimoloxía / motivación semántica. No tocante á semántica, o modificador da Madeira e

similares aluden ao arquipélago onde aniña esta ave. Non se atopou significación para o nome

portugués roquinho: roque é unha peza do xadrez, a torre, ou o movemento de encostar a torre ao rei

e pasar o rei para a casa contigua, ou tamén recambio, troca (talvez estea relacionado co revoar do

paxaro no mar); ou quizá aluda á roca de fiar, que pode estar relacionada coa súa forma corporal. Para

paíño e chuchagraxas véxase H. pelagicus.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Chuchagraxas é un

nome ou un modificador moi inespecífico, podería aplicarse a calquera especie de paíño, non é

exclusivo nin característico de Oceanodroma castro. Por iso é que nos parece más xeitosa a

denominación paíño da Madeira, referencia ao arquipélago, que ademais é empregada noutras

linguas tamén.

paíño de Leach Oceanodroma leucorhoa

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Paíño gallado foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e noutras publicacións ornitolóxicas galegas (4A, 11A

e 12A); tamén se recolleu noutras publicacións de ámbito estatal (2A, 10A e 14A). Paíño de rabo

gallado foi o nome proposto en 1991 e 1999 por M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B);

tense empregado nalgunha publicación ornitolóxica (13A e 15A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son painho-de-cauda-forcada e painho-de-cauda-turcada (2A, 4A, 10A, 1D, 2D e

3D; o primeiro, con máis frecuencia).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou os seguintes nomes xenéricos na fala galega

para denominar a Oceanodroma leucorhoa: aceiteira, en Ares, e paíño, no Grove (7B). F. Fernández

Rei rexistrou en Cariño a voz xenérica pauiño, que tamén se identificou con O. leucorhoa (3C). De

todas as formas, calquera das denominacións xenéricas apuntadas para H. pelagicus poderían ser

36

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!