19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Familia Hydrobatidae

calcamar Pelagodroma marina

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Paíño albar foi o nome proposto por C. Pedreira López

e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B). Calcamar foi a

denominación proposta en 1999 por M. A. Conde Teira (12B); utilizouse nunha publicación ornitolóxica

galega (13A). Na terceira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López empregouse paíño

calcamar (22A); nunha publicación de ámbito estatal, paíño papobranco (8A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son painho-de-ventre-branco e calca-mar (1D, 2D e 3D; o

segundo con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha ave de presenza accidental na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares galegas.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a denominación xenérica de paíño (véxase Hydrobates pelagicus). No

Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, no Diccionario de

sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, e

no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, inclúense as denominacións

xenéricas apuntadas noutras especies desta familia.

● Etimoloxía / motivación semántica. H. Costa et al. explican que calca-mar está relacionado

cos hábitos da ave, que acostuma procurar alimento voando baixo, a rentes da superficie do mar, cun

xeito que parece que vai calcando cos pés sobre as augas (1D). Alén diso, os modificadores galegos

albar e papobranco ou o portugués de-ventre-branco fan referencia á cor branca das partes

ventrais desta especie, que a distingue doutros paíños (pois teñen o corpo todo negro). Para a

semántica de paíño, véxase Hydrobates pelagicus.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

explica que é unha ave de presenza accidental na Galiza e que non ten nome propiamente galego, polo

que o criterio foi propor o nome calcamar, como se lle chama no arquipélago da Madeira ─onde o

paxaro si que é moi coñecido─ e considera esta proposta mellor que outra culta (12B).

Na nosa opinión, para alén diso, que non apareza o nome xenérico paíño na denominación

galega de Pelagodroma marina parece tamén ben acertado, pois esta especie nin pertence ao xénero

Hydrobates nin ao Oceanodroma nin ao Oceanites, máis semellantes entre eles fisicamente e

notabelmente diferentes de Pelagodroma. Por tanto, a diferenza no nome (sen empregarmos o termo

xenérico paíño, só calcamar) lembra tamén a maior diferenza física e a maior distancia filoxenética

entre Pelagodroma marina e as outras especies da familia.

paíño europeo Hydrobates pelagicus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Paíño do mal tempo foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela primeira Lista patrón de aves de Galicia

(4B e 5B); utilizouse nas primeiras guías de aves destes autores (1A e 5A), no Atlas de vertebrados de

Galicia (7A) e mais en varias publicacións ornitolóxicas galegas (4A, 6A, 11A e 17A) e de ámbito estatal

(2A e 18A). Paíño pequeno foi o nome proposto máis tarde, en 1991 e 1999, nos traballos de M. A.

Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense empregado en publicacións ornitolóxicas galegas

(12A, 13A, 15A e 16A); tamén se recolleu noutras publicacións de ámbito estatal (8A, 10A e 14A). Na

terceira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López empregouse paíño europeo (22A). Na

bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son painho-pequeno e painho-de-cauda-quadrada

e alma-de-mestre (2A, 4A, 10A, 1D, 2D e 3D; o último nome, con máis frecuencia).

● Nomes populares. M. C. Ríos Panisse rexistrou os seguintes nomes vivos na fala galega para

denominar específicamente a Hydrobates pelagicus: aceiteira, en Ares; anduriña, en Abelleira;

aceiteiro, escrito con "s" para marcar o seseo, en Panxón, Escarabote e Laxe; o termo castelanizado

*chupagrasas (en correcto galego, chupagraxas) escrito con "j" para marcar a gheada, en Cesantes;

paín, en Rinlo; paíño, nas Figueiras, en Ézaro, Mogor, A Guarda, Mugardos, Sardiñeiro, Lira, Rianxo,

Carril, Abelleira, Bueu, Cesantes, Panxón, Cambados, Portonovo, Ribadeo, Cedeira, Vilanova de Arousa,

Cariño, Escarabote, Sada, San Cibrao e Ares; paíño da *grasa (paíño da graxa), grasa escrito con

"j" para marcar a gheada, en Cangas e Espasante; paiolo, en Miño; país, en Viveiro; papoia, no

Grove; pau, en Muxía; pauiño, en Bares, Ribeira, Muxía, Pontedeume, Muros, Noia, Ares e Escarabote;

34

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!