19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

P. yelkouan (catalán: baldriga mediterrània; castelán: pardela mediterránea), fai referencia á súa área

de cría e mais á área principal de distribución (aínda que tamén se observa na Galiza en certas épocas

do ano). Respecto á significación de pardela, véxase Calonectris diomedea; respecto á de furabucho,

P. puffinus.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Puffinus yelkouan

tamén ten o mesmo problema para a súa nomenclatura estándar específica comentado na especie

anterior, neste caso en relación con P. puffinus e P. mauretanicus, que até hai pouco eran todas elas

subespecies da mesma especie e tiñan o mesmo nome científico, P. puffinus, mais na actualidade a

ciencia non considera que sexan subespecies, senón que existen tres especies diferentes de aves aínda

que sexan moi moi parecidas. Todas as linguas están a pór nomes específicos para cada unha delas. Na

terceira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López o nome empregado para esta especie

foi pardela mediterránea (22A). Téndomos en conta a proposta de M. A. Conde Teira de manter o

nome xenérico furabuchos, tamén presente en portugués e con gran tradición escrita nas publicacións

ornitolóxicas galegas, e téndomos en conta a súa proposta de furabuchos atlántico para P. puffinus

cando xa se diferenciou de P. yelkouan, talvez sería máis acaído denominarmos P. yelkouan

furabuchos mediterráneo ou furabuchos do Mediterráneo, de maneira paralela ao nome

portugués. Para alén diso, ao repetirmos o nome furabuchos nas tres especies fica máis claro ou

reflicte mellor que todas tres están moi próximas filoxeneticamente.

furabuchos das Baleares Puffinus mauretanicus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Só en tres publicacións se empregou unha

denominación galega para esta especie: pardela balear (14A, 22A e 5B). Na bibliografía ornitolóxica

recibía o nome portugués de fura-buxo cando aínda as tres especies non estaban diferenciadas; para

P. mauretanicus recóllense actualmente os nomes específicos fura-bucho das Baleares / furabucho-das-baleares

(estes dous con máis frecuencia) e pardela das Baleares (14A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Calquera dos nomes populares recollidos por M. C. Ríos Panisse para

Puffinus puffinus poderían estar referidos tamén a Puffinus mauretanicus ou a Puffinus yelkouan, pois

as tres especies poden ser observadas na Galiza e as tres aseméllanse extraordinariamente (véxase P.

puffinus).

● Dicionarios consultados. Recóllense as denominacións xenéricas apuntadas en P. puffinus.

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da semántica, o modificador balear ou das

Baleares, que se está a empregar en portugués e tamén noutras linguas para designar

especificamente a P. mauretanicus (catalán: baldriga balear; inglés: balearic schearwater; francés:

puffin des Baléares; castelán: pardela balear), fai referencia á súa área de cría, as illas Baleares (aínda

que, como xa se indicou, a especie tamén se observa na Galiza en certas épocas do ano). A respecto da

significación de pardela, véxase Calonectris diomedea; a respecto da de furabucho, P. puffinus.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Como xa se comentou

para P. puffinus e P. yelkouan, esta especie comparte con elas un problema no tocante á súa

nomenclatura, alén do feito de que a identificación científica de P. mauretanicus como especie é aínda

máis recente. Téndomos en conta o xa argumentado nas dúas especies anteriores, talvez é máis acaído

denominarmos furabuchos balear ou furabuchos das Baleares a P. mauretanicus, de maneira

paralela aos nomes que máis recentemente se están a usar en portugués e sendo ademais furabuchos

unha denominación ben propia do galego.

pardela pequena Puffinus assimilis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pardela pequena foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, na Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e igualmente

en 1999 por M. A. Conde Teira (12B); tense empregado e recollido a miúdo nas publicacións

ornitolóxicas (2A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 16A, 18A e 22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes

portugueses son pintainho (con máis frecuencia) e pardela-pequena (14A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie rara no mar galego e non se lle coñecen denominacións

populares, agás a xenérica.

● Dicionarios consultados. Aparecen as denominacións xenéricas xa apuntadas noutras especies

da familia: C. diomedea, P. gravis e P. puffinus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase C. diomedea.

● Etimoloxía / motivación semántica. O motivo do modificador pequena é o seu tamaño, pois é

a especie máis miúda deste grupo. A respecto da significación de pardela, véxase C. diomedea.

33

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!