19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

propiamente galega mais non preferente), definida como "paxaro que segue os bancos de xoubas", sen

máis información.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase Calonectris diomedea.

● Etimoloxía / motivación semántica. O cualificativo xoubeira relaciónase cos hábitos

alimenticios da especie; encapuchada ou o portugués de-barrete fan referencia á característica física

que mellor identifica esta pardela: a plumaxe negregosa que ten na parte superior da cabeza, que pode

semellar unha caparucha. Respecto á significación de pardela, véxase Calonectris diomedea. O

modificador portugués de-bico-preto chama a atención sobre a cor do bico desta especie.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto á escolla dun

nome estándar, cómpre comentar que a voz xoubeiro rexistrada en Escarabote é moi inespecífica,

podería estar referida a esta ou a calquera outra especie de pardela.

pardela escura Puffinus griseus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Curricacho foi o nome proposto por C. Pedreira López

e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse na

primeira guía de aves destes autores (1A) e noutra publicación ornitolóxica galega (4A); tamén se

recolleu noutras publicacións de ámbito estatal (2A e 18A). Posteriormente unha denominación

parecida, pardela curricacho, utilizouse na segunda e terceira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López e noutra publicación galega máis (5A, 22A e 6A). Pardela escura foi o nome proposto

en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tense

empregado en publicacións ornitolóxicas galegas (12A, 13A, 15A e 16A); tamén se recolleu noutras

publicacións de ámbito estatal (10A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é pardelapreta

(2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza bastante rara nas nosas costas. Non se lle

coñecen nomes populares agás os xenéricos. Véxase Calonectris diomedea.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo

Blanco, aparecen as denominacións apuntadas noutras especies da familia (C. diomedea e P. puffinus).

No Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997),

recóllese como sinónimo de pardela, para os xéneros Puffinus e Calonectris, a denominación

paradela; neste mesmo dicionario especifícase para P. griseus os nomes curricacho e pardela

curricacho. O Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, trae as entradas

apuntadas en C. diomedea, P. gravis e P. puffinus (curricacho aparece identificado como P. puffinus).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Véxase C. diomedea.

● Etimoloxía / motivación semántica. Semanticamente, é posíbel que curricacho faga

referencia á súa maneira de voar por riba da auga, moi nerviosa, e que estea relacionado con curricar

ou corricar, bulir dun lado para outro sen un fin determinado (no entanto, este xeito de voar é ben máis

propio de Puffinus puffinus); escura ou o portugués preta fan referencia á cor característica da

plumaxe desta pardela, totalmente negra, que a distingue do resto das especies. A respecto da

significación de pardela véxase C. diomedea.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. En relación coa escolla

dun nome estándar, hai que mencionar que curricacho foi rexistrado por outros autores como

denominación para outra especie, Puffinus puffinus, ou como denominación moi xenérica (véxase P.

puffinus).

furabuchos do Atlántico Puffinus puffinus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pardela furabuchos foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

igualmente en 1991 no traballo de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B); utilizouse ou

recolleuse nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de

vertebrados de Galicia (7A) e noutras moitas publicacións ornitolóxicas, tanto no ámbito galego como

estatal (2A, 6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 14A, 17A e 18A), porén só en dúas delas se diferencia Puffinus

puffinus de Puffinus yelkouan (para a que se reserva o nome de pardela mediterránea, en 6A e 11A),

e en ningunha se diferencia aínda esta especie de Puffinus mauretanicus. Por outra banda, furabuchos

atlántico foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira, diferenciándoa de P.

yelkouan, para a que reserva o nome de furabuchos (12B); esta denominación utilizouse nalgunhas

publicacións ornitolóxicas (13A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica recibía o nome portugués de

fura-buxo cando aínda as tres especies non estaban diferenciadas; actualmente, fura-bucho do

Atlântico / fura-bucho-do-atlântico (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

31

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!