19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Marín; M. C. Ríos Panisse, en Sada; M. Felpeto Lagoa, en Ares, tamén identificada coa voz castelá

pardela cenicienta (3C). Por outro lado, no refraneiro popular galego tamén se recolle a palabra

pardela (véxase uso dos seus nomes na nosa literatura).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a entrada pardela definida como ave mariña do tamaño dunha gaivota, cor

parda escura e bico romo, e a entrada pardeliña, nunha das acepcións, como diminutivo de pardela.

No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece entrada

pardela definida de forma xenérica como estas aves mariñas e identificada con P. diomedea (que é o

mesmo que o nome científico C. diomedea). No Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C.

Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), recóllese como sinónimo de pardela, para os xéneros

Puffinus e Calonectris, a denominación paradela. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000),

de varios autores, aparece a entrada pardela (como galega e preferente), nunha das acepcións

definida de forma xenérica e identificada con P. diomedea (equivalente a C. diomedea) e a entrada

paradela (como propiamente galega mais non preferente), que remite a pardela.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. No refraneiro popular mariñeiro emprégase con

certa frecuencia a palabra pardela:

"Cando se pon a pardela a espiollar, non tarda un día o vendaval."

"Cando se pon a pardela a espiollar, venta vendaval."

"Tempestades no mar, pardelas polo chan."

"Xuntanza de pardelas, mal tempo ou néboas."

Por outro lado, canto á literatura de autor, Fuco G. Gómez usou o vocábulo pardela n' O idioma

dos animás (1937): "... a pardela, o fradiño moñudo e demais aves puxéronse serias...".

● Etimoloxía / motivación semántica. M. C. Ríos Panisse explica que semanticamente o nome

pardela está relacionado con pardo, pola típica cor escura que presentan estas especies nas partes

dorsais e que contrasta coa cor branca ou abrancazada das partes ventrais (7B). Por outro lado, os

modificadores cincenta ou cinsenta tamén fan referencia á cor da plumaxe; o modificador portugués

de-bico-amarelo chama a atención sobre a cor característica do bico desta especie. Non se atopou

unha clara explicación para a denominación portuguesa cagarra; talvez podería estar relacionada co

seu aspecto ou coa cor da súa plumaxe.

pardela de Cabo Verde Calonectris edwardsii

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pardela de Cabo Verde foi o nome empregado na

terceira guía de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño (22A).

● Nomes populares. Esta especie é de presenza accidental na Galiza e por tanto non se lle

coñecen denominacións populares galegas, non sendo a xenérica. Véxase Calonectris diomedea.

● Etimoloxía / motivación semántica. Canto a significación do nome xenérico pardela, véxase

C. diomedea. O modificador de Cabo Verde fai referencia á área de cría da especie.

pardela encapuchada Puffinus gravis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pardela xoubeira foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela primeira Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e nalgunha outra publicación ornitolóxica

galega (4A); tamén se recolleu noutras publicacións de ámbito estatal (2A e 18A). Pardela

encapuchada foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal

Figueroa (10B e 12B); tense empregado en publicacións ornitolóxicas galegas (12A, 13A, 15 e 16A);

tamén se recolleu noutras publicacións de ámbito estatal (10A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, os

nomes portugueses son pardela-de-barrete (con máis frecuencia) e pardela-de-bico-preto (2A,

4A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie rara nas nosas costas; non se lle coñecen nomes populares,

non sendo os xenéricos indicados en C. diomedea e P. puffinus. M. C. Alonso Pérez rexistrou a voz

xoubeiro en Escarabote para un paxaro que anda atrás dos bancos de xoubas, sen máis información

(3C).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo

Blanco, aparecen as denominacións apuntadas noutras especies da familia (C. diomedea e P. puffinus).

No Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997),

recóllese como sinónimo de pardela, para os xéneros Puffinus e Calonectris, a denominación

paradela. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece, para alén

das denominacións xenéricas apuntadas en C. diomedea, a entrada, tamén xenérica, xoubeiro (como

30

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!