19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

● Outros apuntamentos e consideracións:

.-Ás veces a lingua galega permite escoller indistintamente entre dous termos, pois tan

galego é un como o outro. Este por exemplo é o caso de merlo e melro, rula e rola ou

butre e voitre. Todos eles pertencen ao acervo lingüístico galego e aparecen nos

dicionarios. Para o contexto concreto da ornitoloxía galega especializada, escolleuse mellor

melro, rola e butre, só por harmonizarmos estas denominacións na medida do posíbel coas

denominacións portuguesas, un aspecto interesante para o colectivo ornitolóxico galego

(véxase a este respecto os textos de Turdus merula, Streptopelia turtur e Gyps fulvus).

.-Se había un erro gramatical no nome galego, como pilro *canelo (Tryngites subruficollis),

corrixiuse directamente (neste caso, por pilro canela; véxase esta especie ou Tadorna

ferruginea para máis explicacións).

.-Unha cuestión talvez menor é a expresión, nos nomes dos paxaros, dunha característica

referida a unha parte do corpo: ao bico, ás patas, ás ás, ao pescozo, ao rabo etc., no sentido

de que habería para algúns deles dúas posibilidades de enunciarmos o modificador: unha

forma preposicional e unha forma contracta. Así, por exemplo: mobella de bico branco ou

mobella biquibranca; picanzo de cabeza rubia ou picanzo cabecirrubio; gaivota de

patas amarelas ou gaivota patiamarela etc. (no caso do pescozo non parece que haxa

outra formulación posíbel que a preposicional: mergullón de pescozo negro, non sendo

mergullón pescozonegro). No contexto da ornitoloxía especializada, que é onde se

formularon estes nomes tan específicos, non houbo un criterio uniforme a este respecto:

pentumeiro de á branca (sempre) fronte a cerceta aliazul (sempre, nunca de á azul);

noutros casos rexístranse as dúas propostas: tanto a de gaivota de cabeza negra como a

de gaivota cabecinegra. A lingua galega ofrece ambas as posibilidades de modo totalmente

equivalente e correcto. Se quixésemos harmonizalo coa ornitoloxía portuguesa, a tendencia

iría cara ao uso da formulación preposicional. Por outro lado, porén, particularmente nas

especies máis comúns, hai quen prefire mellor que os nomes sexan curtos por comodidade,

posto que son nomes que usamos moitas veces. Sexa como for, non parece unha cuestión

demasiado importante. Nesta reformulación escolleuse ás veces unha e ás veces a outra

opción. Se cadra o mellor sería, de primeiras, sermos conscientes de que as dúas

formulacións son posíbeis, mais deixalo aberto e que o propio uso fose escollendo unhas

formas ou outras para as diferentes especies.

.-Nos nomes dos paxaros que fan referencia a un lugar, para os que a nosa lingua permite

bastante flexibilidade na formulación quer coa preposición de, quer coa contracción desta

preposición co artigo (da, do), unificouse co emprego da preposición contraída co artigo:

poliña da Carolina, paspallás da Virxinia, ganso do Canadá etc. e de igual modo cando se

alude ao seu hábitat: galiña do río, perdiz do mar, pita do monte, andoriña dos penedos

etc.

.-Outros casos en que a lingua permite tamén flexibilidade entre de / do, da –aínda que

expresarían matices diferentes– son os nomes que aluden a unha parte do corpo, para os

que se unificou co emprego da preposición de: andoriña de cu branco, carrán de bico curto,

pica de gorxa rubia etc., e igualmente só coa preposición de cando se fai referencia a unha

persoa: picafollas de Bonelli, falaropo de Wilson etc.

.-Os nomes que se apuntan na lista entre parénteses, que engaden un modificador do tipo

común, europea etc., como se indicou ao longo do traballo, normalmente úsanse só nun

contexto en que tamén se está a falar doutras especies que teñen ese mesmo nome

xenérico, para diferencialas ben. Se non for nese contexto, non é preciso engadirmos os

modificadores común, europea etc. que aparecen nos nomes entre parénteses.

.-Un caso particular é a escolla dos modificadores para a caracterización específica de Anser

anser, Cygnus cygnus e Aythya ferina. Os nomes ganso bravo para Anser anser, cisne

bravo para Cygnus cygnus e parrulo chupón para Aythya ferina son moi inespecíficos, xa

que estes mesmos modificadores (bravo ou chupón, segundo o caso) se poderían aplicar a

todas as especies do xénero Anser e do xénero Cygnus (bravo) ou a todas as especies do

290

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!