19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

IV.

Reformulación dalgunhas denominacións

no ámbito da ornitoloxía especializada

As modificacións que se foron introducindo ao longo deste traballo para algunhas

denominacións no ámbito da ornitoloxía especializada poden agruparse en tres puntos:

● A respecto de nomes que deberían considerarse castelanismos (véxase os textos relativos

a estas especies), introducíronse cinco modificacións:

1.-*Malvasía (Oxyura leucocephala) e *malvasía americana (Oxyura jamaicensis)

modificáronse respectivamente por raboalzado e raboalzado da Xamaica, tomados do

portugués. (Véxase o texto referido a O. jamaicensis)

2.-*Rascón (Rallus aquaticus) substituíuse por zurrasca, denominación ben xeitosa e

inequívoca para esta especie rexistrada na Guarda por A. Otero Álvarez.

3.-*Rascón de terra ou *guión de paspallás (ambas as dúas para Crex crex, en

diferentes propostas) rexeitáronse por codornizón, adaptado do portugués.

4.-*Becacina común (Gallinago gallinago), *becacina real (Gallinago media) e *becacina

pequena (Lymnocryptes minima) modificáronse respectivamente por narcexa común,

narcexa real e narcexa pequena. Tomouse narcexa do acervo lingüístico galego, por

formar un sistema de nomenclatura eficaz con arcea (nome de Scolopax rusticola), isto é,

por designar claramente especies semellantes á arcea no entanto máis cativas e magras, e

por manter tamén correspondencia coas denominacións portuguesas para estas tres especies

no ámbito da ornitoloxía especializada (véxase os textos referidos a G. gallinago e a S.

rusticola).

5.-Tordo *charlo (Turdus viscivorus) modificouse por tordo do visgo, unha denominación

xa proposta por M. Conde Teira e T. Vidal Figueroa no ano 1991.

● A respecto de nomes xa propostos anteriormente que si son correctos ou propios da lingua

galega e que poderían empregarse, para os que porén se considerou que existen outras

288

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!