19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Puffinus mauretanicus (furabuchos do Atlántico, furabuchos do Mediterráneo e

furabuchos das Baleares) ou entre o nome de Lanius excubitor e de Lanius

meridionalis (picanzo real norteño e picanzo real).

No caso dos patos, por exemplo, reforza o sistema de nomentaclatura, é dicir, faino

mnemotecnicamente máis eficaz, que para designarmos especies semllantes existan os

pares asubiador / asubiador americano (Anas penelope / Anas americana), lavanco /

lavanco americano (Anas platyrhynchos / Anas rubripes) e rabeiro / rabeiro americano

(Anas acuta / Anas georgica). (De feito, estes pares que asocian as denominacións destas

especies existen tamén noutras linguas, porque son eficaces.)

.-Que o trazo definitorio da especie, é dicir, o que se escolle como modificador do

nome xenérico, sexa transparente, é dicir, permita asociar o nome sen confusión a esa

especie. No, neste sentido, por exemplo, non é unha boa escolla ganso bravo para

unha especie cando hai máis especies que unha de ganso que non son domésticas, non

é unha característica específica.

.- No posíbel, que os trazos definitorios, que se empregan como modificadores do

nome xenérico teñan o mesmo trazo referente en especies próximas, de maneira que o

sistema estea máis cohesionado e sexa mellor de lembrar. Isto é: mellor mazarico

rabipinto / mazarico rabinegro (o mesmo trazo definitorio: o rabo, claramente

diferenciado) que mazarico rubio / mazarico rabinegro (para alén da inespecifidade

do cualificador rubio, que se podería aplicar de igual modo a esas dúas especies de

mazaricos).

Por último, canto ás denominacións galegas de aves doutras latitudes, non podemos

deixar de mencionar a obra de Luís Daviña Facal, Diccionario das ciencias da natureza e da

saúde, da cal se publicaron só os dous primeiros volumes (correspondentes ás letras A-B e

C). Neste fanado mais interesantísimo traballo, apúntanse as primeiras propostas para a

denominación en lingua galega dalgunhas especies –cuxo nome comeza polas letras A, B ou

C– doutras partes do mundo. Así, por exemplo, atopamos nomes tan ben acaídos como

aguia de Wahlberg (Aquila wahlbergi), andoriña azul (Hirundo atrocaerulea), cacatúa

branca (Kakatöe galerita), agapornis de Fisher (Agapornis fisheri) etc.

287

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!