19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

novas especies que se avistan na Galiza e tamén para aqueloutras que non están presentes

na nosa xeografía (temos en galego nomes específicos como avestruz ou xenéricos como

pingüín, cacatúa, papagaio ou tucano, pero ben poucos máis).

Agora, após todo o percorrido que levamos feito canto á denominación dos paxaros na

ornitoloxía galega, e após todos os comentarios recollidos e apuntados ao longo deste

traballo, penso que catro criterios xerais deberían estar no futuro moito máis presentes:

1.- Procurar en primeiro lugar nos nomes vernáculos galegos, sobre todo no que atinxe

ás denominacións xenéricas que se poderían aplicar tamén a estoutras novas especies

avistadas (ou ás especies doutras latitudes).

2.- Recorrer en segundo lugar á lusofonía, sen ningún medo e sen ningún reparo (coa

vantaxe de estar presente en catro continentes, con moita riqueza no que aos nomes

dos paxaros se refire).

De feito, este criterio está tamén recollido nas Normas ortográficas e morfolóxicas do

idioma galego (RAG e ILG) publicadas no ano 2004: “Para o arrequecemento do léxico

culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será

considerado recurso fundamental, sempre que esta adopción non for contraria ás

características estruturais do galego” (17G).

3.- Abandonar o preconcepto ou a filosofía que se ten asumido, ás veces se cadra de

maneira inconsciente: “Como en castelán se di así, en galego ímolo dicir igual ou dun

modo moi parecido, porque é o máis fácil”, adoptando ou calcando tanto nomes

xenéricos como nomes específicos ou modificadores do castelán. Na formulación

terminolóxica é moi importante valorarmos as solucións polas que optaron outras

linguas, de modo particular cando nin no galego nin na lusofonía achamos

denominacións satisfactorias para a resolución dun problema terminolóxico. Ora ben: o

castelán é unha lingua románica máis, un referente máis, non un modelo para calcar.

Aínda que na teoría isto parece unha idea clara, na práctica pódese ver neste traballo

que nos últimos dez ou doce anos continuaron incorporándose nalgunhas referencias

bibliográficas novas denominacións caracteristicamente castelás, como *colimbo para

o xénero Gavia ou *malvasía para o xénero Oxyura.

4.- Tentar que as denominacións galegas configuren un sistema eficaz:

.-Que o nome sexa ben definidor desa especie e que non se poida confundir co nome

doutra semellante porque esta tiver un cualificador tamén moi parecido. Por exemplo, o

caso das denominacións pato rabudo, pato rabeiro ou pato rabilongo vacilando nas

diferentes propostas para dúas especies de patos (Anas acuta e Clangula hyemalis).

Para que o sistema sexa claro e eficaz, ou ben só o nome dunha delas debe facer

alusión a ese trazo nos patos, o rabo longo; a alusión a ese trazo debería estar

expresada de maneira moi diferente no nome dunha especie e no nome da outra,

porque se non é difídil de lembrar cal é cal. Neste sentido, no presente traballo

achégase a proposta rabeiro para Anas acuta, que permitiría ademais nomear facilmente

unha especie americana moi semellante, Anas georgica, co nome rabeiro americano. C.

hyemalis continuaría mantendo en galego o mesmo nome que ten en portugués, pato

rabilongo.

.-Na medida do posíbel, que haxa correspondencia entre os nomes xenéricos en

galego cos xéneros científicos latinos. Por exemplo, que o particularísimo xénero

Arenaria poida ter un nome galego xenérico diferente do dos paxaros do xénero

Calidris, e ademais moi ben acaído, virapedras, é moito mellor que se tiver o mesmo

nome galego xenérico que se usa para todos os paxaros do xénero Calidris, ou sexa, un

pilro ou píllara máis. Ou, por exemplo, é mnemotecnicamente eficaz e fortalece o

sistema que haxa correspondencia entre os nomes galegos das especies e a súa

proximidade filoxenética, como se fai para Puffinus puffinus, Puffinus yelkouan e

286

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!