19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Galega, do ano 2000) evidencian un salto cualitativo importante de mellora canto ao

tratamento dos nomes das aves en relación cos dous dicionarios máis vellos (os modernos

traen moitos máis nomes e atinan con moita máis precisión na identificación,

comparativamente). Para alén diso, en liñas xerais, estes tres dicionarios ofrecen solucións

aceptábeis para aqueles usuarios que non exixiren moita rigorosidade.

● A respecto da estandarización dos nomes específicos no campo da

ornitoloxía especializada:

Á vista do que se expón ao longo deste traballo, a estandarización dos nomes galegos

dos paxaros no campo da ornitoloxía especializada é aínda un asunto pendente. Porén, as

propostas tanto de Pedreira López e Penas Patiño como de Vidal Figueroa e Conde Teira

abriron moitos camiños e deixan moito traballo feito. Na nosa opinión, as devanditas

propostas deberíanse de valorar conxuntamente como contributos imprescindíbeis para a

ornitoloxía galega. De feito, tanto unha como outra fóronse modificando co tempo e

influíronse mutuamente. Talvez o máis importante sexa que ambas reflicten a inquedanza

dos seus autores, o esforzo e o desexo de conseguirmos unha lingua galega máis culta e

válida para todos os ámbitos, inclusive o da ornitoloxía, que tanto amamos.

O presente traballo, nomeadamente, é un traballo de recompilación e de análise de

todo o que se ten recollido e proposto até agora a respecto dos nomes galegos das aves.

Achega ademais propostas para nomearmos algunhas especies rexistradas por primeira vez

nestes últimos anos como divagantes, é dicir, de aparición moi excepcional na Galiza, e

algunhas denominacións recollidas no campo polo autor (case sempre na Limia). Para alén

diso, exponse o criterio do autor a respecto dalgunhas denominacións que deberían

reformularse. Onde máis se incide é no feito de que algúns nomes “galegos” empregados até

agora para algunhas especies (para Rallus aquaticus, Crex crex, Turdus viscivorus, os

xéneros Gallinago e Lymnocryptes e máis recentemente para o xénero Oxyura) son

castelanismos, e poden e deben corrixirse. Un resumo desta proposta de reformulación

preséntase a seguir, na alínea IV, e fecha o traballo.

Queda pendente para a ornitoloxía galega ir puíndo a estandarización específica dos

nomes galegos das aves. Que a estandarización non estea aínda pronta en galego é normal e

é lóxico e, sobre todo, non nos tería de desanimar. É un proceso que tivo lugar en todos os

idiomas –e continúa– conforme estes se axeitan para os diversos ámbitos da cultura. É ben

lembrarmos que en linguas como a castelá, por exemplo, os nomes das aves tamén mudaron

no contexto da ornitoloxía especializada non hai moito tempo (as especies que hoxe se

denominan abejero europeo e aguililla calzada, hai quince anos chamábanse halcón abejero e

águila calzada). Outro exemplo: en catalán, ao Netta rufina chamábaselle antes ànec de bec

vermell (pato de bico vermello) e mesmo apareceu con ese nome na primeira edición en

catalán da coñecida guía de Peterson, Mountfort e Hollom; despois, aquel nome trocouse por

xibec, a denominación desta ave no delta do Ebro, que se considerou máis adecuada (e

modificouse nas posteriores edicións en catalán da obra de Peterson et al.). De modo similar,

a nova lista sistemática das aves de Portugal do ano 2007 (ref. 3D) é síntoma da procura

dunha mellora na estandarización dos nomes portugueses das aves.

A este respecto, e para máis información, o autor do presente traballo xa publicou

unha nota intitulada "Onde é que estamos, na lingua galega, a respecto da estandarización

dos nomes específicos das aves?", no web O Cartafol / Un idioma preciso, do Servizo de

Normalización Lingüística da USC (Ref. 16B).

● Canto á estandarización dos nomes de novas aves avistadas na Galiza ou de

aves doutras latitudes:

Por último, resta tamén a tarefa de ir procurando e puíndo os nomes galegos para as

285

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!