19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

trigueirón Miliaria calandra (=Emberiza calandra)

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Trigalla foi o nome proposto por C. Pedreira López e X.

M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse na

primeira guía de aves destes autores e recolleuse nalgunha outra publicación (1, 2 e 11B). Trigueirón

foi o nome proposto en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse ou recolleuse

nalgunhas publicacións ornitolóxicas tanto no ámbito galego como no estatal (8A, 10A, 12A, 13A, 14A,

15A e 16A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa propuxeran a denominación de

trigueiro (10B); empregouse nas guías de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (5A e 22A; na

última, trigueiro común) e noutras publicacións (5B, 6A e 11A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é trigueirão (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Algunhas denominacións xenéricas, que tamén se poderían aplicar a esta

especie, están comentadas en Emberiza cirlus. Especificamente, A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X.

L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen o nome chicharra na comarca de Verín (23B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece trigao, identificado como triguero (aínda que trigau, unha voz equivalente,

aparece identificado coa voz castelá pinzón, outra especie diferente).

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de denominacións xenéricas

na nosa literatura, véxase Emberiza citrinella e E. cirlus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Trigueirón e todas as similares aluden ao seu hábitat, as

leiras de trigo e os espazos abertos. A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X.

Rodríguez apuntan que chicharra fai referencia ao son que emite este paxaro, por analoxía co son do

insecto (23B).

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira

comenta que trigueiro está tomado do nome castelán triguero e considera máis oportuno trigueirón,

coincidindo co portugués trigueirão (12B).

282

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!