19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e noutras publicacións

ornitolóxicas (6A, 8A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 18A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa propuxeron a denominación de escribidor dos xuncos (10B). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é escrevedeira-dos-caniços (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. Algunhas denominacións xenéricas, que tamén se poderían aplicar a esta

especie, están comentadas en Emberiza cirlus.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios

autores, aparece aparecen as entradas apuntadas en Emberiza cirlus. No Dicionário da língua galega de

I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece escrebedeira, que define de forma

xenérica e identifica con varios nomes científicos do xénero Emberiza; escribidora, que remite a

escrebedeira; e escribenta, na que especifica unha denominación para Emberiza schoeniclus:

escribenta das canaveiras.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para escribenta e similares, véxase E. cirlus. Os

modificadores das canaveiras, dos xuncos e similares aluden ao seu característico hábitat.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. A respecto do emprego de denominacións xenéricas

na nosa literatura, véxase Emberiza citrinella e E. cirlus.

escribenta pigmea Emberiza pusilla

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Escribenta pigmea foi o nome proposto en 1999 no

traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (13A, 14A e

16A). Na terceira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López usouse escribenta anana

(22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses para esta especie son escrevedeirapequena

e escrevedeira-pigmeia (1D, 2D e 3D; con máis frecuencia o primeiro nome).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares, agás as xenéricas.

● Dicionarios consultados. Acháronse as denominacións xenéricas apuntadas en Emberiza

cirlus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para escribenta e similares, véxase E. cirlus. Os

modificadores específicos pigmea e pequena aluden ao seu tamaño.

escribenta aureolada Emberiza aureola

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Escribenta aureolada foi o nome proposto en 1999

no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas (13A, 14A e

15A); tamén na última guía de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (22A). Na bibliografía

ornitolóxica, os nomes portugueses son escrevedeira-de-barriga-amarela e escrevedeiraaureolada

(2A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares, non sendo as xenéricas.

● Dicionarios consultados. Acháronse as denominacións xenéricas apuntadas en Emberiza cirlus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para escribenta e similares, véxase E. cirlus. Os

modificadores específicos aureolada e de-barriga-amarela aluden á cor da súa plumaxe.

escribenta de Gmelin Emberiza leucocephala

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Escribenta de Gmelin foi o nome proposto en 1999

no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nalgunha publicación ornitolóxica galega (22A, de

C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño).

● Nomes populares. É unha especie de moi rara presenza na Galiza e non se lle coñecen

denominacións populares, non sendo as xenéricas.

● Dicionarios consultados. Atopáronse as denominacións xenéricas apuntadas en Emberiza

cirlus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para escribenta e similares, véxase E. cirlus. O

modificador específico de Gmelin alude ao científico que describiu por primeira vez esta especie.

281

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!