19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ico, / poder estar ó teu lado" (1A). Véxase tamén Emberiza citrinella.

● Etimoloxía / motivación semántica. Canto á semántica de pintor, escribenta e todas as

similares, probabelmente, son por causa de que na casca dos ovos destes paxaros aparecen uns

debuxos que mesmo parecen pinturas ou letras escritas. Os termos millarengo, trigal e todas

similares fan referencia a milleiral ou trigal, algúns dos seus hábitats; liñaceira, á súa alimentación;

real, á súa vistosa coloración; de-garganta-preta, como indica, á cor negra da garganta, un trazo

típico da especie. O modificador común indica que é a que máis frecuentemente se observa das

especies todas de escribentas.

escribenta riscada Emberiza cia

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Escribenta riscada foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e

tamén en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); utilizouse nas guías de aves de Penas Patiño e

Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de Vertebrados de Galicia (7A) e recolleuse ou utilizouse tamén

noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 10A, 12A, 13A e 14A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal propuxeran a denominación de escribidor de garganta cincenta (10B). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é cia, cia-comum ou escrevedeira-de-garganta-cinzenta (2A, 10A,

1D, 2D e 3D; o primeiro nome con máis frecuencia).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para esta especie escribente nas terras da

Limia (9A). Algunhas denominacións xenéricas, que tamén se poderían aplicar a E. cia, coméntanse en

Emberiza cirlus.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, e no Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios

autores, aparece aparecen as entradas apuntadas en Emberiza cirlus. No Dicionário da língua galega de

I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece escrebedeira, que define de forma

xenérica e identifica con varios nomes científicos do xénero Emberiza; escribidora, que remite a

escrebedeira; e escribenta, na que especifica unha denominación para Emberiza cia: escribenta

riscada.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre denominacións xenéricas na nosa literatura,

véxase Emberiza citrinella e E. cirlus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para escribenta e similares, véxase E. cirlus. O

modificador riscada alude ás raias negras que ten na cabeza; de-garganta-cinzenta, como indica, á

cor cincenta da garganta. Cia talvez sexa unha adopción directa da denominación latina.

escribenta hortelá Emberiza hortulana

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Escribenta das hortas foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores (5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse nalgunha outra publicación ornitolóxica (2A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal

propuxeron a denominación de escribidor das hortas (10B). Escribenta hortelá foi o nome proposto

en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse ou recolleuse nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A e 14A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués para a especie

é sombria ou sombria-brava (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A respecto dalgunhas denominacións xenéricas, que tamén se poderían

aplicar a esta especie, véxase Emberiza cirlus.

● Dicionarios consultados. Acháronse as denominacións xenéricas apuntadas en E. cirlus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de denominacións xenéricas na

nosa literatura, véxase Emberiza citrinella e E. cirlus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para escribenta e similares, véxase E. cirlus. Os

modificadores das hortas e hortelá aluden ao seu hábitat; brava, como indica, á súa condición

salvaxe. Sombria podería ter relación con que se oculta entre sombras, ou con triste e melancólico.

escribenta das canaveiras Emberiza schoeniclus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Escribenta das canaveiras foi o nome proposto por

C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e

5B), e tamén en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); utilizouse nas guías de aves de Penas

280

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!