19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

albatros. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco,

aparece a entrada albatros referida a estas especies. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega

(2000), de varios autores, aparece a entrada albatros referida a estas especies e identificada con

Diomedea melanophris.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Con algunha frecuencia, albatros aparece na

literatura de autor. Ramón Otero Pedrayo, por exemplo, emprega este nome en Fra Vernero (1934):

"... suas naos teñen veias como aas de albatros...". Igualmente, Ramón Cabanillas en Versos de alleas

terras e de tempos idos (1955): "...dáse a cazar albatros, grandes aves mariñas...". Ou Bernardiño

Graña, en Profecía do mar (1966): "... enriba araus, albatros ou gavotas agardando un peixiño que

alimente...".

● Etimoloxía / motivación semántica. A respecto da etimoloxía da voz albatros, M. A. Conde

Teira (12B) explica que provén da palabra portuguesa albatroz, variante do termo portugués alcatraz

(nome portugués doutra ave mariña habitual nas nosas latitudes e un algo parecida, Morus bassanus

[ou Sula bassana]), e que despois do portugués pasou ao inglés como albatross, e do inglés ao español

como albatros, que foi tamén a voz que empregaron X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López. No

entanto, F. Bernis Madrazo cuestiona que o termo portugués albatros xurdise de alcatraz e apunta que

talvez aconteceu de xeito contrario, que o termo alcatraz xurdiu de albatros (11B). (Véxase tamén

mascato ou alcatraz, Morus bassanus.) Por outro lado, os modificadores olleirudo e desobrancelha

fan referencia á característica mancha negra que ten esta especie todo ao redor do ollo,

que fai que dea a impresión de ter olleiras ou unha prominencia por riba do ollo.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. Canto ao seu nome

estándar M. A. Conde Teira suxire que, xa que a voz albatros ten a súa orixe na palabra portuguesa

albatroz, quizais fose preferíbel a acentuación na sílaba final, isto é, albatrós, como fai o portugués

actual, consonte a súa orixe (12B).

Familia Procellariidae

fulmar Fulmarus glacialis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Fulmar foi o nome proposto por C. Pedreira López e X.

M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e igualmente en

1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); utilizouse nas

primeiras guías de aves de C. Pedreira López e X. M. Penas Patiño (1A e 5A) e recolleuse ou utilizouse

tamén nunha chea de publicacións onitolóxicas onde se apuntan as denominacións galegas das aves,

tanto no ámbito galego como no estatal (2A, 4A, 6A, 10A, 11A, 12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 18A).

Fulmar boreal foi a denominación empregada na última guía de C. Pedreira López e X. M. Penas

Patiño (22A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son pombalete (con máis frecuencia),

pombalete do Norte, fulmar, fulmar glacial (2A, 4A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza moi rara nas nosas costas; non se lle coñecen

nomes populares.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios consultados non se atoparon denominacións para

esta especie.

● Etimoloxía / motivación semántica. Etimoloxicamente, fulmar provén do nome latín fulmarus.

H. Costa et al. explican que a denominación portuguesa pombalete está suxerida polo contorno

arredondado da cabeza e a súa aparencia de pomba (1D). O modificador glacial está relacionado co

seu hábitat ártico; o modificador boreal, coas latitudes norteñas onde se reproduce a especie.

freira gon-gon Pterodroma feae

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Trátase dunha especie de recente avistamento e non se

ten proposto até agora unha denominación no ámbito da ornitoloxía especializada galega. De feito,

aínda que se sabe que se trata do xénero Pterodroma, no se pode de certo saber se é Pterodroma feae

ou Pterodroma madeira (estas dúas especies son tan parecidas que só se poden diferenciar se se teñen

na man). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués para P. feae é gon-gon (3D).

● Nomes populares. É unha especie de presenza moi rara nas nosas costas; non se lle coñecen

nomes populares.

● Dicionarios consultados. Nos dicionarios consultados non se atoparon denominacións para

28

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!