19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

escribenta común Emberiza cirlus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Escribenta liñaceira foi o nome proposto por C.

Pedreira López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B);

utilizouse nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse nalgunha outra publicación ornitolóxica (2A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal

propuxeron a denominación de escribidor común (10B). Escribenta común foi o nome proposto en

1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense recollido ou empregado nalgunhas publicacións

ornitolóxicas (8A, 10A, 13A, 14A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é

escrevedeira ou escrevedeira-de-garganta-preta (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. A. Villarino Gómez rexistrou para Emberiza cirlus as de escribente,

escribidor e escribidora nas terras da desaparecida lagoa de Antela (9A). O autor do presente

traballo ten escoitado con frecuencia escribente na Limia. C. Pedreira López et al. rexistraron para

esta especie o nome de escribenta real no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). No Atlas

de vertebrados de Galicia, recóllese tamén para E. cirlus os nomes de paxaro millarengo, trigueiro,

trigal, trigalla, escribidor, escribano e o castelanismo *escribiente (escribente) (7A). Por outra

banda, no tocante tamén ás denominacións populares, pero xenéricas, hai ben delas na nosa fala. Na

primeira guía de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López recóllese escribidiña, escribana,

letreira, escribidora, pintor e escribideira (1A). F. Bernis Madrazo rexistrou escribidor na Galiza,

escribidora na provincia da Coruña e o castelanismo escribiente en bastantes localidades de Lugo e

Pontevedra (11B). C. Pedreira López et al. rexistraron os nomes de escribano, *escribienta e

escribenta para o xénero Emberiza no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). A. Pérez Cid

rexistrou escribidor en Marín; E. Rodríguez Gandoi, en Guntín; M. Prado Fernández, en Ferreira de

Valadouro; M. González González, no Incio; J. A. Palacio Sánchez, en Ferreira de Pantón (3C). C. García

González, a variante de escribente en Compostela (3C). J. L. Couceiro López, o castelanismo

*escribiente (escribente) en Feás; M. R. Martínez Martínez, en Curtis; C. García González, en

Compostela; F. Varela González, en Santaia; M. C. López Taboada, en Sobrado dos Monxes; J. López

Fernández, en Novefontes; M. C. Enríquez Salido, no Grove; A. Sánchez Sánchez, en Montederramo; M.

D. García Rojo, en Monterroso; X. Pena Seijas, en Guitiriz (3C). M. R. Martínez Martínez, *escribienta

e *escrebiente (escribenta, escribente), tamén en Curtis (3C). M. C. Alonso Pérez, tamén

*escribienta en Escarabote e C. García González tamén en Compostela (3C). F. Fernández Rei

rexistrou escribano en Cariño; M. J. Morandeira Lores, en Laxe; M. J. Pérez Alonso, en Goián; R. Fraga

García, en Melide (3C). M. E. Vázquez Santamaría rexistrou escribana na Gudiña; M. Taboada Cid, na

Mezquita (3C). M. R. Álvarez Blanco rexistrou escribideira en Ramirás; M. Taboada Cid, en Verín; M.

C. Gil Suárez, en Vilardevós (3C). F. Vecino Tomás rexistrou escribidora en Razo; M. C. Enríquez

Salido, no Grove; I. Leis Casanova, en Sta. Eulalia de Dumbría (3C). M. J. Morandeira Lores rexistrou

pintor para este grupo de especies en Laxe; M. C. López Taboada, en Sobrado dos Monxes; R. Fraga

García, en Melide (3C). M. Conde Teira apunta as denominacións xenéricas de trigau e trigal,

recollidas por X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López respectivamente en Verín e Pontedeume (12B). F.

Bernis Madrazo cita a Ríos Naceyro (1850) e L. Iglesias (1927), indicando a aplicación de trigueiro a

especies do xénero Emberiza (11B). A. Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X.

Rodríguez recollen letreira na comarca de Verín (23B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, na entrada rei inclúese a subentrada rei escribidor, que identifica coa voz castelá

hortelano, sen máis, pero a subentrada anterior e as dúas acepcións anteriores de rei estaban referidas

a paxaros, e probabelmente estase a referir Emberiza hortulana ou ás especies do xénero Emberiza;

tamén aparece pimpis, definido como paxaro de cabeza amarelada semellante ao trigueitero (en

correcto galego, trigueiteiro; ningunha delas ten entrada propia); escribidor e escribano, que

identifica coa voz castelá emberiza. No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da

editorial Sotelo Blanco, aparece a entrada pintor, nunha das acepcións definida como "páxaro

chamado escribidora" e identificado con Emberiza cirlus; escrebedeira, que define de forma xenérica e

identifica con varios nomes científicos do xénero Emberiza; escribidora, que remite a escrebedeira; e

escribenta, na que tamén especifica outra denominación para E. cirlus: escribenta liñaceira. O

Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da

editorial Galaxia, recolle escribidor, escribana, escribaniña, escribenta, escribente, escribideira,

escribidiña, furafollas (nome máis propio do xénero Phylloscopus), letreiro, picaporto e pintor

como sinónimos para o xénero Emberiza. No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de

varios autores, aparecen as entradas escribidor, escribente (como galegas e preferentes) e

escribenta (como galega, mais non preferente) para se referir ás especies do xénero Emberiza.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Carlos Pedreira López utilizou a voz xenérica

escribenta na súa poesía: "Quixera ser escribenta / pra che escribir, meu amado; / voar coa carta no

279

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!