19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

traballo de M. A. Conde Teira (12B); empregouse nas guías de aves de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira

López (5A e 22A) e recolleuse ou empregouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (6A, 10A, 13A,

14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é escrevedeira da Lapónia (1D e

2D), tamén grafado como escrevedeira-da-lapónia (3D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares, agás as xenéricas.

● Dicionarios consultados. Acháronse as denominacións xenéricas apuntadas en Emberiza cirlus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Canto á semántica de escribenta e similares, véxase E.

cirlus. Os modificadores lapona e da Lapónia aluden á súa área de distribución.

escribenta das neves Plectrophenax nivalis

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Escribenta das neves foi o nome proposto en 1999

no traballo de M. A. Conde Teira (12B); recolleuse ou empregouse nalgunhas publicacións ornitolóxicas

(10A, 12A, 13A, 14A, 15A e 16A). Na segunda e terceira guías de aves de X. M. Penas Patiño e C.

Pedreira López empregouse escribenta nival (5A e 22A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome

portugués é escrevedeira-das-neves ou emberiza-das-neves (2A, 10A, 1D, 2D e 3D; o primeiro

con máis frecuencia).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares, agás as xenéricas.

● Dicionarios consultados. Acháronse as denominacións xenéricas apuntadas en Emberiza cirlus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Sobre o emprego de denominacións xenéricas na

nosa literatura, véxase Emberiza citrinella e E. cirlus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Para escribenta e similares, véxase E. cirlus. Os

modificadores das neves e nival aluden á súa área nórdica de distribución e, talvez, á súa chegada ás

nosas latitudes asociada ás neves.

escribenta amarela Emberiza citrinella

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Escribenta real foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas dúas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados de Galicia (7A) e

recolleuse nalgunha publicación ornitolóxica (2A). En 1991, M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

propuxeron a denominación de escribidor amarelo (10B). Escribenta amarela foi o nome proposto

en 1999 no traballo de M. A. Conde Teira (12B); tense empregado ou recollido nalgunhas publicacións

ornitolóxicas tanto no ámbito galego como no estatal (8A, 10A, 12A, 13A, 14A e 15A). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués para esta especie é escrevedeira-amarela (2A, 10A, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. F. Bernis Madrazo rexistra o uso de millarengo para E. citrinella en

Becerreá, Lugo (11B). Algunhas denominacións xenéricas que tamén se poderían aplicar a esta especie

están comentadas en Emberiza cirlus.

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as denominacións xenéricas apuntadas en Emberiza cirlus. O Dicionário da

língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo Blanco, inclúe a entrada verdusiña, que

define como "Páxaro pequeno co tamaño aproximado do pardau. O macho ten cor amarela limón a

cabeza e as partes inferiores do corpo, de castaño arruivado a mitra e o lombo" e identifica con

Emberiza citrinella; aparece tamén escrebedeira, que define de forma xenérica e identifica con varios

nomes científicos do xénero Emberiza; escribidora, que remite a escrebedeira; e escribenta, na que

especifica outra denominación para Emberiza citrinella: escribenta real. No Gran Diccionario Xerais da

Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as entradas apuntadas en Emberiza cirlus e inclúe a

entrada millarengo, que nunha das acepcións define de maneira moi imprecisa, como paxaro que vive

nos milleirais e come millo.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. F. Bernis Madrazo apunta a seguinte canción de

Becerreá onde aparece o nome popular e específico para E. citrinella de millarengo: "Paxarinho

millarengo qu’estás n-a punta d’o toxo, lévalle’esta carta âs nenas d’o pelo roxo" (11B). X. M. Penas

Patiño transcribe outra versión da canción popular apuntada en Emberiza citrinella, pero en relación con

E. cirlus: "Paxariño millarenco / que estás no bico dun toxo / daraslle moitas memorias / á nena do

pelo roxo" (7A). Véxase tamén Emberiza cirlus.

● Etimoloxía / motivación semántica. Canto á semántica de escribenta e similares, véxase

Emberiza cirlus. Os modificadores amarela, verdusiña e similares aluden á vistosa cor verde e

amarela da súa plumaxe; seguramente a motivación tamén de real. Millarengo fai referencia a millo

ou a milleiral, un dos seus hábitats.

278

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!