19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Coruña, e verderol, nunha localidade da Coruña. Tamén recollen na bibliogafía paporroibo real e

paporrubio real, sen teren información sobre as localidades (6B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparece a voz galega cadete identificada coa castelá camachuelo. No Diccionario de

usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal,

aparece a voz castelá camachuelo identificada coas galegas pintarroxo (que é propia de Carduelis

cannabina) e cadete. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995), da editorial Sotelo

Blanco, inclúe as entradas cadete, nunha das acepcións identificada co paxaro chamado papo-ruivo

real; cardeal, nunha das acepcións identificada co papo-ruivo real; papo-ruivo real, que define como

"páxaro mui fermoso, de cabeza negra, peito rechamante vermello, lombo gris e mitra branca" e

identifica con P. pyrrhula. O Diccionario de sinónimos da lingua galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P.

Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle, na entrada paporroibo, cardeal, paporrubio real,

cadete, camacho, chinca real, reiseñor e tellasangue como sinónimos específicos de P. pyrrhula.

No Gran Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparece cadete (como galega

e preferente), nunha das acepcións definida e identificada con P. pyrrhula e cos sinónimos papurrubio

real e paporroibo real (que logo non teñen entrada ou subentrada propias); tamén camacho (como

galega e non preferente), identificada con P. pyrrhula.

● Etimoloxía / motivación semántica. As denominacións tellasangue e cardeal aluden á cor

vermella rosada do seu peito; frade é por causa da cor negra da cabeza, que lembra a carapucha dun

frade; cadete, talvez, pola aparencia de uniformado; paporrubio e real polo seu vistoso colorido.

Chinca é unha denominación tamén empregada para Fringilla coelebs, paxaro co que ten certo

parecido. O termo común engádese ao nome, normalmente, cando se está a falar tamén doutras

especies que teñen o mesmo nome xenérico, aínda que non se observaren na nosa xeografía, para

diferenciala delas.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa comentan que o nome máis difundido é o de cardenal, que normativamente se debe

corrixir por cardeal (10B).

bicogroso Coccothraustes coccothraustes

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Pimpín piñoneiro foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou utilizouse tamén noutras publicacións

ornitolóxicas (2A, 6A e 11B). Bicogroso foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A.

Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B); tamén se recolleu ou se empregou –bicogroso ou

bicogroso común– nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 13A, 14A e 18A). Na bibliografía

ornitolóxica, o nome portugués é bico-grossudo ou bico-grossudo-comum (2A, 10A, 11B, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie moi rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares galegas. X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López citan a Valladares (1884), que dá piñoneiro

para esta especie (6B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, e no Diccionario de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez

Carracedo (1984), da editorial Akal, aparece a voz galega piñoneiro para a voz castelá pinzón real,

pero X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López pensan que se pode tratar de C. coccothraustes, pois

outros autores, que tamén se referiran a este nome castelán con este mesmo nome galego, podían

querer dicir en realidade a C. coccothraustes. (No Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís

(1995), da editorial Sotelo Blanco, aparece a voz piñoneiro, nunha das acepcións, referida tamén a

outra especie, Fringilla coelebs.)

● Etimoloxía / motivación semántica. O nome bicogroso e similares fan referencia ao grosor

rechamante do seu bico; o modificador piñoneiro, aos seus hábitos alimenticios. O termo común

engádese ao nome, normalmente, cando se está a falar tamén doutras especies que teñen o mesmo

nome xenérico, aínda que non se observaren na nosa xeografía, para diferenciala delas.

Familia Emberizidae

escribenta lapona Calcarius lapponicus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Escribenta lapona foi o nome proposto en 1999 no

277

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!