19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

espúrea, obra escrita no ano 1880: "... cantaban xa o millán garrido, a bubela e o cuco nas carballeiras,

o merlo e o reiseñor nos salgueirais, o paspallás entre os centeos e os xílgaros e carriciños, os

chincheiros e xiríns desfacíanse nos eidos mirando cada un para o seu amor ...". X. M. Penas Patiño e

C. Pedreira López (1A) mencionan outro autor do século XIX, J. M. Pintos: "Nese chan á beiramar / no

pracer adormentada / ou encantada, / arregálante un sin fin / de paxaros ben cantores, / reiseñores, /

o xílgaro e o xirín".

● Etimoloxía / motivación semántica. Do punto de vista semántico, verdenllo e paxuriña

verde fan referencia á rechamante cor verde amarelada da plumaxe do paxaro; xirín, sirín e similares

parece que son onomatopeicos, reproducen algo o seu canto; liñaceira, nabiñeira e similares fan

referencia á súa alimentación; milleiro e similares, a que anda no millo; senteeeira, talvez, a que

anda no centeo. Picanafolla e cirifollas aluden a que anda remexendo entre as follas, aínda que estas

denominacións son propias dos paxaros do xénero Phylloscopus e outros paxariños insectívoros.

cruzabico (ou cruzabico común) Loxia curvirostra

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Bicotorto foi o nome proposto por C. Pedreira López e

X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse –

bicotorto ou bicotorto común– nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse ou

utilizouse tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 6A, 11A e 11B). Cruzabico, ou cruzabico

común, foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A. Vidal Figueroa

(10B e 12B); tense empregado ou recollido nalgunhas publicacións ornitolóxicas (8A, 10A, 12A, 13A,

14A, 15A e 16A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é cruza-bico ou cruça-bico-comum

(2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. É unha especie rara na Galiza e non se lle coñecen denominacións

populares.

● Etimoloxía / motivación semántica. Ambas as dúas denominacións xenéricas, cruzabico e

bicotorto, fan referencia á característica forma do bico deste paxaro. O termo común engádese ao

nome, normalmente, cando se está a falar tamén doutras especies que teñen o mesmo nome xenérico,

aínda que non se observaren na nosa xeografía, para diferenciala delas.

● Discusión / explicacións sobre a preferencia dalgunhas denominacións. M. A. Conde Teira e T.

A. Vidal Figueroa comentan que a voz bicotorto é unha adaptación do castelán piquituerto, e que lles

parece mellor tomar a voz portuguesa cruzabico, ben comprensíbel para todos os galegos (10B).

cardeal Pyrrhula pyrrhula

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Paporrubio real foi o nome proposto por C. Pedreira

López e X. M. Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B); utilizouse

nas guías de aves destes autores (1A, 5A e 22A) e recolleuse nalgunha outra publicación ornitolóxica

(2A e 11B). Cardeal foi o nome proposto en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e T. A.

Vidal Figueroa (10B e 12B); empregouse ou recolleuse –cardeal ou cardeal común– nalgunhas

publicacións (8A, 10A, 13A, 14A e 18A). Na bibliografía ornitolóxica, o nome portugués é dom-fafe ou

dom-fafe-comum (2A, 10A, 11B, 1D, 2D e 3D).

● Nomes populares. X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (1A) e o Atlas de vertebrados de

Galicia (7A) recollen as denominacións populares específicas para Pyrrhula pyrrhula de reiseñor (7A),

cardenal (1A, 7A), tellasangue (1A, 7A), cadete (1A, 7A) chinca (7A) e chinca real (1A). M. A.

Conde Teira tamén apunta as denominacións populares locais de frade, tillasancre, chinca real,

peitorroxo e pimpín real (12B). C. Pedreira López et al. rexistraron os nomes de cardenal e

peitorroxo para P. pyrrhula no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). F. Bernis Madrazo cita

a Ríos Naceyro (1850), que dá como vernáculos galegos cardenal e cardeal para este paxaro, e L.

Iglesias (1927), que dá cadete (11B). Tamén en relación coas denominacións populares, unha mención

especial é precisa para o traballo lexicográfico publicado en 1980 na revista Verba, "Nomes galegos das

aves da familia fringillidae", de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (6B); estes autores rexistraron

voces para esta familia de paxaros en varios centos de localidades das catro provincias galegas e

recolleron ademais a bibliografía existente verbo estes nomes; os nomes que recolleron

especificamente para P. pyrrhula foron os seguintes: canario, nunha localidade da Coruña; o

castelanismo cardenal, que en correcto galego sería cardeal, nalgunhas localidades da Coruña e de

Pontevedra; chinca real, nalgunha localidade de Lugo e Ourense; frade, nalgunha localidade de Lugo;

reiseñor, nalgunhas localidades da Coruña, Lugo e nunha de Pontevedra (aínda que esta

denominación é propia de Luscinia megarhynchos); *tellasangre e tillasancre (en correcto galego,

tellasangue), unha identificada como P. pyrrhula e a outra sen identificar, en cadansúa localidade da

276

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!