19.11.2014 Views

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

1kYBRBWHf

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

similares fan referencia ao hábitat.

xirín Serinus serinus

● Bibliografía ornitolóxica especializada. Xirín foi o nome proposto por C. Pedreira López e X. M.

Penas Patiño en 1977-1978, naquela Lista patrón de aves de Galicia (4B e 5B), e tamén –xirín ou xirín

común– en 1991 e 1999 nos traballos de M. A. Conde Teira e de T. A. Vidal Figueroa (10B e 12B);

utilizouse nas guías de aves de Penas Patiño e Pedreira López (1A, 5A e 22A), no Atlas de vertebrados

de Galicia (7A) e tense recollido ou utilizado tamén noutras publicacións ornitolóxicas (2A, 8A, 10A,

12A, 13A, 14A, 15A, 16A e 17A). Na bibliografía ornitolóxica, os nomes portugueses son milheirinha,

chamariz e serino (2A, 10A e 1D); máis recentemente, tamén milheirinha-europeia (2D e 3D).

● Nomes populares. C. García González rexistrou a voz xirín en Compostela e A. Pérez Cid en

Marín (3C). F. Fernández Rei rexistrou xirí en Cariño e M. R. Martínez Martínez en Curtis (3C). M.

Taboada Cid rexistrou a voz xeriga en Verín (3C). E. Rodríguez Gandoi rexistrou xiriré en Guntín (3C).

M. J. Pérez Alonso rexistrou sirín en Goián (3C). F. Fernández Rei rexistrou sirí en Cariño (3C). (Aínda

que as voces xirín, xirí, xeriga, xiriré, sirí e sirín recollidas no traballo de C. García González están

identificadas coa voz castelá verderón, probabelmente é un erro e se estean referindo a Serinus

serinus, que se corresponde coa voz castelá verdecillo, ou sexa, esta especie, que polo xeral recibe o

nome xirín e semellantes.) C. Pedreira López et al. rexistraron os nomes de xíringas, xirina, xerín,

xeril e verdín para S. serinus no concello de Ames, na provincia da Coruña (9B). A. Villarino Gómez

rexistrou as denominacións de nabiñeiro e nabiñeiro de raiado nas terras da Limia (9A). A.

Reboreda, C. Álvarez, E. Castro X. L. Lozano, X. R. Reigada e X. Rodríguez recollen para esta especie

naviñeiro na comarca de Verín (23B). X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López apuntan para esta

especie as denominacións populares de serín e cirí (1A). F. Bernis Madrazo rexistrou tamén para esta

especie as voces verderiño, na provincia de Ourense, verdín, na provincia de Lugo, serín, na

provincia de Lugo, sirís, no occidente de Asturias e sirín na provincia de Pontevedra, e cita a Ríos

Naceyro (1850), que tamén recollera serín, e a L. Iglesias (1927), que tamén recollera sirín (11B). M.

J. Pérez Alonso rexistrou para esta especie paxuriña verde en Goián e M. C. Gil Suárez milleiro en

Vilardevós (3C). Seguíndomos con denominacións populares, unha mención especial é precisa para o

traballo lexicográfico publicado en 1980 na revista Verba, "Nomes galegos das aves da familia

fringillidae", de X. M. Penas Patiño e C. Pedreira López (6B). Estes autores rexistraron voces para esta

familia de paxaros en varios centos de localidades das catro provincias galegas e recolleron ademais a

bibliografía existente verbo estes nomes. As denominacións que recolleron especificamente para

Serinus serinus foron as seguintes: liñaceira, nunha localidade de Pontevedra; nabiñego, en varias

localidades de lugo; nabiñeira, nunha localidade da Coruña e tres de Ourense; verdello, nunha

localidade de Ourense; verdenllo, nunha localidade de Lugo, os castelanismos verdunguillo e

verdencillo, nalguha localidade da Coruña e de Lugo; cirí, nunha localidade da Coruña; cirifollas,

nunha localidade de Ourense, cirín, en varias localidades de Ourense; sirí, en dúas localidades da

Coruña; xerín, nalgunha localidade da Coruña; xirí, en bastantes localidades da Coruña e Lugo; xirín,

en bastantes localidades da Coruña e Pontevedra e nalgunha de Ourense; xiril, nunha localidade de

Pontevedra; xiringa, nunha localidade de Pontevedra; xiriré, nunha localidade de Lugo; xiriz, nunha

localidade de Lugo; paxuriña verde, nunha localidade de Pontevedra; picanafolla, nunha localidade

da Coruña e senteeira pequena, nunha localidade da Coruña (6B). Tamén recollen na bibliogafía

serín, cerín e cerís, sen ter información sobre as localidades (6B).

● Dicionarios consultados. No Diccionario galego-castelán de X. L. Franco Grande (1968), da

editorial Galaxia, aparecen as entradas cirín, que remite a sirín; cirís, que tamén remite a sirín; sirín,

identificada coa voz castelá verdecilla; e paxuriña verde identificada coa voz castelá verdecillo;

nabiñeiro está definido dunha maneira imprecisa, como un paxaro que come a nabiña. O Diccionario

de usos castelán-galego de X. M. Freixedo Tabarés e F. Álvarez Carracedo (1984), da editorial Akal, dá

para a voz castelá verdecilla a galega serín. O Dicionário da língua galega de I. Alonso Estravís (1995),

da editorial Sotelo Blanco, inclúe naviñeiro, que nunha das acepcións define e identifica con S. serinus

(noutra acepción, con A. cannabina e co sinónimo pintarroxo; noutra, cos páxaros da familia dos

motacilídeos) e xirin, que define e identifica con S. serinus. O Diccionario de sinónimos da lingua

galega de M. C. Noia, X. M. Gómez e P. Benavente (1997), da editorial Galaxia, recolle, alén de xirín,

cardiño, chichui, milleiro e zarapalleira como sinónimos específicos de S. serinus. No Gran

Diccionario Xerais da Lingua Galega (2000), de varios autores, aparecen as entradas paxuriña,

xeriga, xiriré, xirí, sirí, sirín, cirín e cirís (propiamente galegas mais non preferente), remitindo á

voz xirín; xirín (galega e preferente), na que define esta especie como paxaro pequeno da familia dos

frinxilídeos, “de cor entre verdosa e amarela, coas puntas das ás e o rabo castaña, peteiro curto, groso

e canto moi característico de onde procede o seu nome", identificándoa con S. serinus.

● Uso dos seus nomes na literatura galega. Marcial Valladares utiliza xirín en Maxina ou a filla

275

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!